ESPAÑA - BÉLXICA, SUB-21
COMPRA A TÚA ENTRADA NO NUMANCIA
Por 10 € podes entrar ao estadio da Malata e ver a xogadores dunha extraordinaria proxección, nestes momentos incluso máis que promesas. Na convocatoria do seleccionador Alber Celades poden entrar xogadores nados a partir do 1 de xaneiro de 1994, como Sandro, Saúl, Óliver Torres, Deulofeau, Munir, Denis Súarez,… futbolistas profesionais e destacados nos seus equipos. Estarán en Ferrol o mércores 12 de novembro, onde se enfrontarán á selección sub-21 belga a partir das 20.30 h.
Ares, 28 de outubro de 2014
A organización deste evento corre a cargo da Federación Galega de Fútbol quen, a través do delegado de Ferrol, Manolo Mesa, puxo a disposición dos clubs modestos da nosa delegación as entradas correspondentes. Todos aqueles que compren a súa entrada no Numancia, tamén estarán axudando ao club xa que, de cada 5 entradas, o importe dunha quedará nas arcas do club. A oficina do Numancia está aberta todos os días da semana, de luns a vernres, desde as 16.30 ata as 21.30 h. O sábado e o domingo, coincidindo cos horarios dos partidos tamén poderán atender as peticións de entradas.
Este é o prezo das entradas:
Tribuna: 15 €
Preferencia : 12 €
Fondo Norte e Fondo Sur: 10 €
Así mesmo hai que salientar que a Delegación ferrolá regalou entradas para que os nenos das categorías de prebenxamíns, benxamíns e alevíns poidan asistir gratuitamente ao partido. Ao Numancia correspondéronlle 60 invitacións.