ITV: FIN DE SEMANA DO 6 AO 8 DE DECEMBRO DO 2013
A CANTEIRA Ó PODER
Comezou o mes do Nadal para o Numancia con resultados dispares, pero con sensacións bastante positivas. Analizamos a continuación a xornada da pasada fin de semana:
MODESTOS: Vitoria importante nun terreo de xogo e ante un equipo compricado como é o do Cariño. Tres puntos importantes para seguir na zona alta da clasificación e para coller moita moral de cara as dúas últimas xornadas do 2013.
XUVENÍS: ¡¡¡HABEMUS VITORIA¡¡¡ Por fin os xuvenís atoparon o premio o seu esforzo semanal. Chegou unha vitoria moi necesaria a domicilio ante o Cultural Maniños.
Ademais, 4 xuvenís do Numancia axudaron na victoria dos modestos en Cariño. Gran compromiso duns xogadores xuvenís que sempre están o servicio do Numancia; e que de seguro, seguirán medrando conforme avance a temporada.
CADETES: Caeron derrotados en Prados Vellos ante un rival directo como é o Meirás. A Liga non fixo mais que comezar; tempo hai de sobra para correxir os erros deste partido e buscar a vitoria nos seguintes compromisos.
INFANTÍS: Deron unha gran imaxe en Pontedeume a pesares de caer derrotados ante o equipo local. Con esa entrega e sacrificio poden dar varias sorpresas agradables na competición ligueira que comezou a pasada fin de semana.
FÚTBOL - 8: Alevíns e prebenxamíns tiveron a sua última xornada de descanso antes de comezar a Liga. Os benxamíns venceron con comodidade ó San Sadurniño en Prados Vellos na terceira xornada de liga.
En resumo; xornada na que as categorias mais altas do Numancia; modestos e xuvenís conseguiron vencer axudándose entre eles. A canteira foi a protagonista na pasada fin de semana; cumprindo co seu cometido principal; nutrir e axudar o primeiro equipo. ¡¡¡Así funcionan as mellores familias¡¡¡ Pasamos a ITV con nota; agardando que cadetes e infantís teñan mais sorte a vindeira fin de semana.
O xoves faremos a previa do fin de semana; onde destaca o partido nas alturas dos modestos o domingo en Prados Vellos ante un rival directo como é o ADC Capela.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡