PREVIA: FIN DE SEMANA DO 6 AO 8 DE DECEMBRO DE 2013.
UNHA PONTE CON MOITO FÚTBOL
Comeza o último mes de 2013 para os equipos do Numancia de Ares. Os numantinos loitarán neste mes de decembro por conseguir vitorias e chegar o parón de Nadal con tranquilidade e ledicia. Analizamos a primeira xornada de decembro:
MODESTOS: Visitan na 11ª xornada de Liga a un CD Cariño que vai de menos a mais esta temporada. Viaxe compricado pola distancia e pola entidade do rival para o noso primeiro equipo. De seguro, haberá algúns compoñentes da Marea Vermella que este domingo fagan unha excursión a Cariño para axudar ó Numancia a conseguir a vitoria. Será o domingo as 16:00 no Municipal de Cariño.
XUVENÍS: Visitan na 13ª xornada de Liga o campo de O Pote para medirse nun partido de rivalidade veciñal o Cultural Maniños. Os xuvenís numantinos buscarán a vitoria neste partido, logo dunhas xornadas malas en canto a resultados. Agardemos que o partido do sábado as 11:00 en O Pote sirva como punto de inflexión para os xuvenís.
CADETES: Comeza a Liga na categoría cadete. Enfróntanse na 1ª xornada os campións dos dous grupos de Copa; Numancia e Meirás. Sin dúbida unha final anticipada de Copa. Moitas ilusións ten postas a Marea Vermella nuns cadetes que xogarán en maio a final de Copa e aos que queremos ver loitando polo título de Liga ata as últimas xornadas. Paso a paso, faise camiño. ¡¡¡A por todas rapaces¡¡¡ Numancia - Meirás o sábado ás 16:00 en Prados Vellos.
Por outra banda, o Numancia cadete estará representado polo futbolista de primeiro ano, Antón López na Semifinal - Norte de seleccións comarcais sub 14 entre Ferrolterra e Santiago; partido que se disputará o venres as 10:00 no Municipal de Caranza. ¡¡¡Sorte Antón¡¡¡
INFANTÍS: Comezan tamén a Liga infantil dos "mellores" 12 equipos da bisbarra. Visitan ó Eume Deportivo. Todos os rivais desta Liga son fortes. Os numantinos intentarán dar a cara en todos os partidos; así como aprender e mellorar día a día; dada a xuventude do plantel. A primeira ocasión para dar a sorpresa será no campo de A Gándara de Pontedeume o venres a partir das 17:00. ¿Por qué non?.
Tamén decir que os infantís do Numancia disfrutarán cos seus familiares e membros da directiva do Numancia da tradicional Cea de Nadal o sábado na Suite - Cantina de Prados Vellos o sábado a partir das 22:00. Merecido ó teñen.
FÚTBOL - 8: Alevíns e prebenxamíns continuan coa sua eterna espera polo inicio dunha Liga que comeza a próxima fin de semana. Si que xogan os benxamíns, recibindo o sábado as 11:00 en Prados Vellos ó CD San Sadurniño na 3ª xornada de Liga.
BIBERÓNS: Disfrutarán dun merecido descanso, á espera de comenzar a Liga AFACO de fútbol sala o próximo fin de semana.
En resumo, primeira xornada do mes de decembro; importante para ir collendo boas posicións de cara a comer o turrón tranquilos. Bonito partido de cadetes o sábado en Prados Vellos e longa viaxe dos modestos o domingo. ¡¡¡Non faltedes ó fúbol nesta ponte festiva¡¡¡
¡¡¡O Numancia somos tod@s¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡