CAMPUS DO CELTA EN ARES
PARA NENOS DE 4 A 14 ANOS
Do 8 ao 13 de xullo celebrarase en Ares a cuarta edición do Campus organizado pola Fundación Celta de Vigo, en colaboración co concello de Ares.
Ares, 30 de xuño de 2013
Os destinatarios deste campus son os nenos e nenas de 4 a 14 anos. Cada neno recibirá unha equipación do Celta, marca Adidas e participará nunhas xornadas nas que poderá mellorar o seu nivel futbolístico e convivir con outros cativos da súa idade, xogando e divertíndose. Nesta ocasión incidirase na parte psicomotriz e na técnico-táctica e como novidade, un dos monitores utilizará o inglés de maneira que os cativos vaian familiarizándose con algunhas expresións propias do fútbol.
En cada xornada recibirán a media mañá un tentempé.
Os horarios destas xornadas son de 10.00 a 14.00 h. e o seu prezo é de 130 €.
As inscricións deben formalizarse na dirección www.fundacioncelta.com , onde poderán baixar a folla de inscrición.