PARTIDO BENÉFICO PARA RECOLLIDA DE XOGUETES.
AFACO vs AFAFE POR UNHA MESMA CAUSA
O 4 de xaneiro terá lugar un partido benéfico en A Gándara para recoller xoguetes que serán doados á Asociación Dignidad.
O día 4 de xaneiro ás 20:30 horas no campo de herba natural de A Gándara (Ferrol), disputarase un encontro entre un combinado de AFACO (2ª e 3ª autonómica) e un combinado de AFAFE (1ª autonómica xuvenil, 2ª e 3ª autonómica). O obxectivo é recoller xoguetes para aqueles nenos, que nestas datas, non teñen posibilidades de recibilos. Todos ou case todos temos na casa xoguetes en bo estado que os nosos fillos, netos ou demais achegados non utilizan. Estes xoguetes entregaranse á Asociación Dignidad que realizará a distribución dos mesmos.
Os seleccionadores dos combinados serán:
AFACO: Iván Rodríguez (Ás Pontes) - Jose Carlos Teijeiro (Rosalía).
AFAFE: Salvador Echave (Bertón) - Alberto Tojeiro "Truji" (Galicia de Caranza).