OS BENXAMINS PASAN A FINAL
O equipo benxamín do Numancia de Ares clasificouse para a final tras vencer esta tarde en Prados Vellos ao Ánimas na quenda de penaltis (5 – 3). O partido rematou en empate 1 – 1.
Numancia e G. de Caranza "D" dirimirán na final quen será o equipo que represente ao fútbol Benxamín de Ferrolterra no Campionato Galego a disputar en Lugo o 20 de maio. A final disputarase mañá sábado 4 de abril, ás 11:00 h, en A Gándara. Onde esperamos a toda a MAREA VERMELLA para animar aos rapaces.
NORABOA RAPACES.