Inicio Noticias Xerais PEÑA BARCELONISTA DE ARES
 
 

PEÑA BARCELONISTA DE ARES

PEDRO VARELA, PRESIDENTE: “SOMOS A PEÑA Nº 230 DO BARÇA, A SEGUNDA MÁIS ANTIGA DE GALICIA”PEÑA BARCELONISTA ARESANA

Con motivo do I Triangular de Peñas futbolísticas aresás que se celebrará este vindeiro sábado, 7 de xaneiro, en Prados Vellos, publicaremos unha serie de reportaxes comezando pola Peña Barcelonista de Ares.
 
Ares, 3 de xaneiro de 2012
Nesta ocasión, acudimos ao seu local social, onde nos agardaba o presidente, Pedro Varela e o vicepresidente, José Antonio Villa, quen amable e pacientemente nos foron informando de distintos temas relacionados coa súa asociación.
 
En primeiro lugar, conversamos sobre a historia desta asociación.
- Pedro, cando se constituiu esta Peña Barcelonista?PEÑA BARCELONISTA ARESANA
- Exactamente, foi o 31 de xaneiro de 1982, ou sexa, que estamos a piques de cumprir os trinta anos. Xa estamos planificando unha serie de actos para celebralos, como poden ser coloquios ou charlas, nas que colaborará o Barcelona e os xornais Mundo Deportivo e Sport.
- E quen foron os socios fundadores?
- José Ramón Ramos Cartelle, foi o presidente fundador, e con el estaban Ángel Luís Pita Carretero, Andrés Leira Amado, Generoso Freire Veiga e Ángel Sánchez Brage.
 
“JOSÉ RAMÓN RAMOS FUNDOU A PEÑA O 31 DE XANEIRO DE 1.982”
 
- Tiñan un local social no que reunirse?
- O primeiro local estivo na rúa Real, nº 93. Durante moitos anos reuníamonos no bar Avenida, despois cambiou para a rúa María e desde o  2009 estamos aquí, na rúa Salazón, nº 8, 
- Despois desta breve introdución, que vos parece se nos facilitades datos sobre a situación actual, comezando por indicarnos os compoñentes da xunta directiva actual?
- A directiva está formada por Pedro Varela, coma presidente, ao que acompañan José Antonio Villa (vicepresidente), Nicolás Fuciños (tesoureiro), Pedro Espiñeira (vicetesoureiro), Javier Romero (secretario) e Manuel Antonio Fernández (Choni) e Elena Fuentes coma vogais.
- Contades con moitos socios?
- Actualmente somos un 78 socios. Aquí, en Ares e na comarca hai moito barcelonismo. A nosa peña está moi ligada á de Ferrol onde está a peña barcelonista máis antiga de Galicia. É certo que desde o ano 2000 no que baixaramos a 37 socios, recuperamos moita xente.
- Sodes todos de Ares?PEÑA BARCELONISTA ARESANA
- Non, hai socios de Perlío, de Mugardos, e mesmo de Ferrol.
- Por certo, xogastes ao fútbol anteriormente?
- Si, (resposta Pedro) eu xoguei no Mugardos e no Numancia.
- E que actividades levades a cabo na peña?
- Podemos comezar polas viaxes. Como mínimo, realizamos unha viaxe a Barcelona, asistindo a un partido do Barça (o último foi o Barcelona – Deportivo) e tamén eleximos outra cidade para ver o partido do Barça. A temporada 2010-11 tivemos a membros desta peña en todas as finais: en Valencia, na final da Copa; en Wembley, na final da Champions; na Supercopa de España; e tamén no 5 – 0 que lle endosamos ao Real Madrid. Esta temporada iremos a Santander e algúns xa estivemos en Xixón e no Barça – Zaragoza.
 
“ESTE ANO IREMOS A SANTANDER”
 
- Aparte dos partidos, teño entendido que vos xuntades arredor dun prato de comida?
- Efectivamente, non todo vai ser fútbol, e o bo ambiente conséguese tamén nestas xuntanzas gastronómicas. Cada dous mPEÑA BARCELONISTA ARESANAeses, aproximadamente, organizamos unha comida ou mesmo ceas-baile, en moitas ocasións imos ao mosteiro de Santa Catalina.
- Algunha outra actividade?
- Si, hai pouco recollemos uns 400 quilos entre alimentos e material sanitario. Foi unha campaña solidaria en colaboración con Cáritas que se desenvolveu entre o 2 e o 19 de decembro.
- Vexo que aquí non tedes televisión. Onde vos xuntades para ver os partidos?
- Normalmente no Saraibas, alí vemos todos os partidos, pero ademais cando é un partido de maior interés facemos un picadillo e logo, se procede, botamos uns foguetes para celebrar a vitoria e por suposto os títulos. Por certo levamos uns anos que non gañamos para foguetes.
- Unha pregunta interesada: como vos financiades?
- Principalmente das cotas anuais. Ademais xogamos unha primitiva entre 89 persoas (socios e non socios). Tamén recibimos unha subvención do concello e sempre queda algo das comidas.
 
“ESTIVEMOS EN VALENCIA, NO 2007, CELEBRANDO O TÍTULO DE LIGA”
 
- Lembrades algún episodio especialmente?
- Nestes últimos anos, destacariamos dous: primeiro, a afortunada coincidencia da viaxe a Valencia para ver o Levante – Barcelona, pois, ao finalizar o partido o Barça proclamouse campión de liga da temporada 2006-07 e puidemos celebralo “in situ”. Outro recordo é o encontro das peñas barcelonistas de Galicia que organizamos en Ares.
 
PEÑA BARCELONISTA ARESANA
 
- Sabemos que hai máis de trinta peñas barcelonistas en Galicia. Mantedes vínculos con elas?
- Si, en Galicia hai unha Federación de Peñas do Barcelona, da que formamos parte. Sin ir máis lonxe o sábado estará con nós en Ares o presidente da mesma, Salvador Cerviño. Normalmente, celebramos tres reunións anuais: unha en Santiago e as outras no lugar onde se vaia celebrar a xuntanza anual. Precisamente, nós organizamos esa xuntanza no ano 2010 e viñeron a Ares uns 700 peñistas. Esta é unha diferencia con outras peñas, as do Barça reunímonos con certa periodicidade, co fin de pasalo ben. Este ano toca ir a O Grove.
- Como é a vosa relación co Barcelona?
- Nós estamos rexistrados como peña barcelonista, somos unha peña oficialmente inscrita no club co numero 230 e somos a segunda máis antiga de Galicia despois da de Ferrol. Sirva como exemplo que o escudo da nosa peña está colocado na porta 102 do Nou Camp desde maio do 2011. Podemos salientar que a primeira visita de Sandro Rosell coma candidato á presidencia do club foi aquí en Ares, nun acto celebrado nas Alianzas durante o mes de marzo do 2010, antes da xuntanza das peñas. Ese día estaba acompañado de Cardoner, vicepresidente actual da área social da entidade e neto do mítico Nicolás Casaus.
 
PEÑA BARCELONISTA ARESANA
 
“SER CULÉS É A NOSA RAZÓN DE SER”
 
- Rumoréase que para pertencer á peña hai que asinar unha declaración de fe barcelonista...
- Nin moito menos, evidentemente ser  culés é a nosa razón de ser pero non existe ningunha condición para ser socio agás a de estar disposto a pagar as cotas, é máis, podo dicirche que mesmo hai socios que non son barcelonistas (por suposto tampouco madridistas, pero si do Depor, Atletico de Madrid, etc), xente á que lle gusta o ambiente reinante na nosa asociación e que quere viaxar con nós.
- Compensa ser socio da peña?  Que vantaxes ten ser da peña?
- Ademais de ser un seguidor do Barça recoñecido polo club, algo que eu considero imprescindible para un culé que vive tan lonxe do Camp Nou, e poder disfrutar en compañía doutros seguidores das viaxes, partidos en demais celebracións, cando imos ao Nou Camp temos un desconto nas entradas dun 15% . Por outra parte, cando se trata de partidos moi importantes e resulta case imposible conseguir entradas, o club nos facilita como mínimo dúas entradas. Finalmente, podemos contar coa colaboración do Barça para todos os actos oficiais da peña. A partir deste ano (2012) tamén teremos a ventaxa do carné do peñista co cal o Barça terá censados a todos os seus peñistas e estes poderanse aproveitar ademais das vantaxas anteriores, de descontos na botiga (tenda do Barça) e de descontos nas entradas de todas as seccións do club (tendo en conta que é o Barça o que máis seccións ten, é unha grande ventaxa)
- E co Numancia, mantedes algunha relación co club local? Acudides a ver os partidos do Numancia?
- Moitos somos socios tamén do Numancia, e lembro que hai algúns anos había mesmo unha colaboración económica co club.
- Este sábado ides participar no I Triangular de peñas futbolísticas aresás, organizado polo concello. Que opinades deste acto?
- Está moi  ben, de feito nós tiñamos xa a idea de celebrar algo coa peña deportivista. E sempre estamos dispostos a colaborar co concello e coas sociedades aresás. Pensamos que pode ser unha gran iniciativa que se poderá repetir nos vindeiros anos.PEÑA BARCELONISTA ARESANA
- Tamén coa peña madridista?
- Por suposto, con eles mantemos unhas relacións de sana rivalidade, aínda que nos levamos mellor cos do Deportivo. Nunca houbo piques nin incidentes fóra do normal. Ademais, ultimamente só veñen ao Saraibas cando nos gaña o Madrid e isto sucede moi poucas veces. Cando o Madrid nos gañou a Copa do Rei, cada vez que entraba un do Madrid pagaba unha ronda e, como eramos moitos, correuse a bola e só entraron cinco.
- Para este sábado xa sabedes quen van ser os voluntariosos/as que se van vestir de curto para enfrontarse aos “deportivistas” e “madridistas”?
- Xa temos a aliñación e mesmo os suplentes: Sheyla, Choni, Pabliño, Javi, Nico, Pedro Espiñeira, Pedro Varela, Andro, Jesús, Barbeito, Marcelo, Juan Fuentes, Nelo, Sancho, Chino, Piri,  ... e algún máis, aínda quedan camisetas libres.
- Despois tedes un xantar no Hostal, seguro que aí seredes máis, non si?
- Seguro, agora mesmo xa somos uns corenta, só da nosa peña.
 
 
Unha ledicia entrar no local barcelonista (se non tes alerxia ao blaugrana) e máis cando es recibido por xente tan amable coma Pedro e José Antonio, sen esquecernos de Javier que se incorporou algo máis tarde. Moitas grazas pola vosa atención e moita sorte no desenvolvemento das vosas actividades.
 
 
A seguinte reportaxe será coa peña deportivista.
 

PEÑA BARCELONISTA ARESANAPEÑA BARCELONISTA ARESANA

 

 

 

 

 

 

 

 

 PEÑA BARCELONISTA ARESANAPEÑA BARCELONISTA ARESANA

 

 

 

 

 

 

 


Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.