FICHAXES NA XUNTA DIRECTIVA
Venres, 13 de febreiro de 2009
Despois dos últimos e tristes acontecementos resultaba inevitable e necesario completar a reducida xunta directiva do Numancia, polo que na asemblea celebrada a finais de xaneiro solicitaramos a axuda e colaboración aos socios asistentes á mesma. Por sorte, a día de hoxe podemos manifestar que a entidade vai contar co traballo, a entrega e a competencia duns novos directivos que, sen dúbida, contribuirán ao mellor funcionamento do club.
Á reunión celebrada hoxe xa asistiron en función dos seus cargos:
José Luis Casas Fachal, secretario.
Ramón Costa Fernández, vocal
Benigno Hermida López, vocal.
Ademais, David Seijas Cruz xa comezou a exercer como delegado do primeiro equipo.