ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Para o domingo, 6 de febreiro de 2011 está convocada a asemblea xeral extraordinaria da SDR Numancia, ás 11.30 h. en primeira convocatoria e ás 12.00 h. en segunda convocatoria, de onde sairá a nova xunta directiva e un Regulamento de Réxime Interno
Ares, 17 de xaneiro de 2011
No local social da SDR Numancia, ubicado no campo de fútbol de Prados Vellos, celebrarase esta asemblea xeral extraordinaria, segundo a seguinte orde do día:
1º.- ELECCIÓN DE NOVA XUNTA DIRECTIVA.
2º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO.
A continuación engadimos a documentación referente a estes dous puntos:
• A xunta Directiva da Asociación Recreativa Numancia en reunión do 7 de xaneiro de 2011, acorda abrir o proceso electoral para a renovación da súa Xunta Directiva.
• Artigos dos Estatutos aplicables :
Artigo 12º-1.- O presidente da Asociación será designado pola Asemblea Xeral entre os asociados e o seu mandato durará 4 anos.Será asistido nas súas función por un vicepresidente, que o substituirá no caso de vacante, ausencia ou enfermidade.
Artigo 13º-1.-A Xunta Directiva estará formada polo presidente da asociación, un vicepresidente, un secretario ,un tesoureiro e 3 vocais
Artigo 13º-3.-A Asemblea Xeral será a competente para elixir os cargos da Xunta Directiva. A súa duración será de 4 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.
Artigo 21º 2.-Será competencia da Asemblea Xeral Extraordinaria elixir e cesar os membros da Xunta Directiva.
• Calendario electoral ( todos os actos no local da Asociación )
16 de xaneiro de 2011.-Constitución da Xunta Electoral.as 16:45 nas instalación da Asociación, e que estará composta polo presidente, o secretario e un socio/a que non pertenza á Xunta Directiva.
17 de xaneiro de 2011.-Apertura prazo presentación de candidaturas.
1 de febreiro de 2001.-Fin do prazo de presentación de candidaturas.
4 de febreiro de 2011.- Fin do prazo de reclamacións.
6 de febreiro de 2011.- Votación das candidaturas e proclamación da nova Xunta Directiva.
REGULAMENTO REXIME INTERNO
• Artigos dos Estatutos aplicables :
Artigo 21º 9.- Será competencia da Asemblea Xeral Extraordinaria aprobar o Regulamento de Réxime Interno da Asociación.
Artigo 36º.- O Regulamento de Réxime Interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas nos presentes estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Xunta Directiva e o procedemento disciplinario , non podendo ir en ningún caso contra do estipulado neles.En todo caso, o funcionamento interno da Asociación estará sometido ao ordenamento xurisdición civil.