SELECCIÓN FERROLTERRA, 1 – RC DEPORTIVO DE A CORUÑA, 5.

Numancia de Ares ADR. Veteranos Selección Ferrolterra - Deportivo. Prados VEllos 21/07/13FRAN E ARSENIO PROTAGONISTAS EN PRADOS VELLOS.

Partido amigable de veteráns entre a Selección de Ferrolterra e o Deportivo con motivo da XVIII Asamblea de Peñas do Deportivo celebrada en Ares durante toda a fin de semana.

 

SELECCIÓN FERROLTERRA: Brage, Jorge Zamborela, Santalla, Miguel Cobas, Marcos Sánchez, Alberto, Juancar, Palacios, Arturo, Pirri, Alfonso, Rafa, Pubul, Pedrito, César, Diego e Josiño.

Adestrador: D. Jaime Paz “Jimmy”.

Delegado: D. Antonio Martínez “Caco”.

RC DEPORTIVO DE A CORUÑA: Carou, Lito, Antonio, Paco Zas, Pardo, Carlocho, Luís, Rubén Rios, Ricardo, César Calvo, Fran, César, Miguel, Chema e Mauri.

Adestrador: D. Arsenio Iglesias “El Zorro de Arteixo”.

Delegado: Paco Melo.

Colexiado: D. Manuel Bouza López. Amonestou a Palacios da Selección de Ferroltera e a Fran do Deportivo.

Un Prados Vellos engalonado para a ocasión con bandeiras do Deportivo, recibía a visita dalgúns dos xogadores do Galicia de Mugardos, Racing de Ferrol, Lago de Valdoviño e do Deportivo de A Coruña para xogar un partido amigable co galo da Asamblea das Peñas. Os 300 espectadores que acudiron o coliseo aresán agardaban poder ver a Fran, Manjarín, Jose Ramón e outros xogadores do Superdepor e da historia mais recente do Deportivo. Pero os técnicos ilustres dos coruñeses Arsenio e Paco Melo decidiron presentar neste partido  un equipo moito mais veteran; reforzados iso si, polo seu gran referente Fran e polo coñecido actor galego Rubén Rios, protagonista na película Pradolongo e na serie Libro de Familia entroutras.

Falando do partido, dende os primeiros minutos os xogadores deportivistas demostraron que pese a idade, a calidade nas súas botas era infinita. Os locais non foron capaces de frenar o bo inicio dos da Coruña. Fran asistía a Ricardo no primeiro gol. O propio Fran facía o segundo. O actor galego Rubén Ríos colocaba o 0 - 3 no marcador. Antes de chegar ó descanso, producíase unha das anécdotas do partido xa que o ilustre xogador do deportivo Fran coñecía o polémico e inigualable colexiado ferrolán Manuel Bouza; que non dubidou un segundo en amosarlle o primeiro cartón amárelo do encontro a o eterno capitán deportivista por unha pequena protesta tras unha falta. Con esta anécdota e o resultado de 0 - 3 chegaba o partido o descanso.

Na segunda metade o partido gañou en intensidade e mesmo houbo algún pique moi propio destos partidos de veteráns que lle custou o cartón amárelo o xogador local Palacios. Tras a intensidade e a loita chegaron mais goles. O deportivista Fran agasallou o público presente cun lanzamento maxistral de falta que rematou nas redes dun indefenso Pubul. O xogador da Selección de Ferrolterra Arturo conseguía tamén o gol da honra para os xogadores da nosa zona de influencia. O último gol do partido que suporía o 1 - 5 definitivo o conseguía de novo o actor galego Rubén Rios demostrando que si algún día non ten sitio na televisión pode telo tranquilamente no fútbol.

En resumo, entre goles, apertas, reencontros e moitas fotografías rematou unha tarde de festa deportivista en Prados Vellos. Un pracer para o Numancia ser anfitrión de todos estas personalidades ilustres do mundo do fútbol e de colaborar coa Peña Deportivista de Ares. Grazas a todos e ata a próxima.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.