BIBERÓNS: A SOLAINA, 2 – NUMANCIA, 12
Primeira xornada dos biberóns nesta liga non competitiva de fútbol-5, no que o único que importa é a participación destes nenos de catro e cinco anos que comezan a disfrutar do aliciente de xogar un partido.
Luns, 12 de xaneiro de 2009. César
ALINEACIÓN: Pablo Cartelle, Xan Garabana, Miguel Oliveira, Cristina Fernández, Martín Cepeda, Ismael Medín, Samuel Fernández, Diego Fernández, Miguel Martínez e Lucas Arias.
GOLES: : Xan Garabana, Miguel Oliveira, Martín Cepeda, Ismael Medín e Diego Fernández.
COMENTARIO: Empezamos o partido….e ao pouco de sacar o equipo local de centro chega o primeiro gol nesta liga para os biberóns do Numancia, e marcou un dos máis cativos: Martín Cepeda. Nunha primeira parte tola chegaron 7 goles máis para o Numancia que non tiveron réplica por parte da Solaina, chegándose ao descanso cun 0-8. Na segunda parte o partido xa non tivo historia e ambos equipos lograron marcar algún gol que avultou aínda máis o resultado final: 2-12.
INCIDENCIAS: Partido xogado no pavillón de Santa Icía, Narón.