BIBERÓNS. R. SAN PEDRO, 3 - NUMANCIA, 1
PRIMEIRA DERROTA
Segundo partido do Numancia como visitante e primeira derrota (12 - 3 no total de goles)
Ares, 29 de xaneiro de 2010
O Rácing San Pedro, referente na categoría gañou tres dos catro tempos, mostrando unha superioridade moi clara. Un equipo cun cinco inicial moi traballado que xogaban pasando moi ben o balón, algo moi dificil de conseguir nesta categoría. Parabéns para o equipo técnico do Rácing San Pedro, porque no partido queda reflexado o seu labor cos rapaces.
O máis destacado dos xogadores do Numancia, foron os dous goles de Lucas e outro de Martin Miguel, que cando saiu a xogar conseguiron gañar esa parte con facilidade. Destacar o esforzo dos máis pequenos como é o caso de Iván que demostrou o seu impetu e regates aínda que non conseguiu meter gol. Os porteiros, Roi e Miguel, estiveron algo despistados (nótase cando xogamos como visitantes) non podendo parar a maioría das ocasións do Racing.
Alineación: Roi, Miguel, Diego, Lucas, Oscar, Marcos Margareto, Carlos, Raul, Martín Miguel, Iván, Pablo, Martin.
O próximo partido será o martes, 2 de febreiro, ás 18.30 h. no pavillón de Ares. Nesta ocasión teremos coma rival ao equipo da Solaina.