Biberóns. Xogos de Nadal. Torneo Fútbol-Sala
O Concello de Ares e a S.D.R. Numancia de Ares, organizan conxuntamente o Torneo de Fútbol- Sala para Biberóns que se encadra nos Xogos de Nadal 2009.
O torneo disputarase o vindeiro martes 22 de decembro no pavillón deportivo municipal de Ares entre as 17:00 e as 19:30 horas. Os equipos participantes neste torneo serán: Galicia de Mugardos, S.D. Barallobre, Rápido de Neda e S.D.R. Numancia de Ares.