BIBERONS. NUMANCIA – O VAL.
ÚLTIMO PARTIDO EN PRADOS VELLOS
Partido correspondente a antepenúltima da Liga AFACO biberón de fútbol - 8 disputado en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.
Ares, 28 de abril de 2015.
NUMANCIA: Mario, Lucas Varela, Carlos, Lucas Espiñeira, Manu, Arturo, Adrián Vidal, Jorge, Navas, Iker, Larraitz e Marcos Feal.
Adestrador: Marcos Amor Roel.
Delegado: Daniel Cartelle Fernández.
CRÓNICA:
Numancia e Val disputaban a pasada semana un dos últimos partidos da temporada nunha tarde primaveral en Prados Vellos. Ambos equipos deleitaron aos numerosos espectadores con boas xogadas e ocasións de gol varias, tendo algunhas delas premio. Unha vez rematado o partido ambos equipos saludaronse deportivamente e foron ovacionados polo personal presente en Prados Vellos como é norma e costume na Liga AFACO de biberóns.
Os numantinos afrontan a recta final de temporada. Neste partido despedironse de Prados Vellos e a metade do plantel qúedalle pouco para despedirse da categoría de biberóns, xa que a próxima temporada formarán parte da categoría prebenxamín do club.
Queda pendente visitar A Pedreira para xogar o derbi ante o Galicia de Mugardos e disfrutar na última xornada xogando ante o Narón "B" na xornada de convivencia en data e sede por determinar.
Desfrutade dunha magnífica galería fotográfica do Numancia - SD O Val por xentileza de Flor Carrasco.
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡