BIBERÓNS: CLAUSURA DO TORNEO A.F.A.C.O.
Os nenos biberóns da comarca xogarán, este venres 31 de maio, durante toda a tarde no campo de O Pote en Maniños a última xornada do Torneo A.F.A.C.O. de fútbol - 8. O calendario de partidos é o seguinte:
17:30: X. CABANAS – O VAL
18:05: AD MIÑO – SD BARALLOBRE
18:40: NEDA – CD AS PONTES
19:15: NUMANCIA – CULTURAL MANIÑOS
19:50: CEDEIRA – G. MUGARDOS
20:30: CLAUSURA DO TORNEO
Os partidos terán unha duración de 3 tempos de 10 minutos cada un.
Para ás 20:30 está prevista a Clausura do Torneo coa entrega de medallas a todos os nenos que participaron durante esta temporada no Torneo AFACO biberón en fútbol - 6 e fútbol - 8.
A Organización da Clausura corre esta temporada a cargo do club Cultural Maniños SD.
¡¡¡Vémonos o venres en Maniños na gran festa final do fútbol biberón¡¡¡