BIBERÓNS: NENOS - SUPERMAMÁS
MERENDA NAVIDEÑA NO RESTAURANTE ABEL
Será o martes, 18 de decembro, cando se despida este primeiro trimestre co clásico partido de nenos-supermamás, seguido da merenda no Restaurante Abel.
Ares,15 de decembro de 2012.
O próximo martes 18 de decembro a familia do equipo biberón do Numancia daralle a benvida ao Nadal. A partir das 17:30 no pavillón de Ares celebrárase o tradicional encontro de Nadal entre os nenos do Numancia biberón e o equipo das Supermamás, formado polas nais e familiares dos nenos do Numancia biberón.
Para recuperar forzas, a partir das 19:00 a familia do equipo biberón deleitarase cunha merenda no RESTAURANTE ABEL. Recordamos que o RESTAURANTE ABEL é o patrocinador do Numancia de biberóns, cousa que dende a familia do conxunto biberón agradecemos nunha nova tempada confiándolle as nosas merendas.
¡¡¡Bo Nadal¡¡¡