BIBERÓNS: NUMANCIA, 0 – R. FERROL, 4
Derrota dos biberóns frente o Racing.
Sábado, 7de marzo de 2009
César.
ALINEACIÓN: Sergio Pena; Isma Medín, Migui Oliveira, Pablo Cartelle, Miguel Martínez, Martín Cepeda.
COMENTARIO:
Nunha mañá con choiva e frío, na Malata, enfrontábanse o Numancia de Ares e o Racing de Ferrol, e unhas baixas de última hora no Ares, fixo que se retrasase o comezo do partido, para o que o Racing prestou 2 xogadores ao Numancia. E así botou a rodar o balón, e rapidamente o Ferrol materializou o primeiro de varios goles que fixeron ao longo dos catro tempos, xa que incluso os dous goles do Numancia, os marcaron os xogadores do Racing.
Destacar que os nenos estaban un pouco durmidos (o tempo, a hora, o feito de ter compañeiros que non coñecían,...) pero no último tempo, xogaron un pouco mellor e conseguiron trenzar unhas boas xogadas.
Ao final 0-4 a favor do Racing, e saúdos entre todos os nenos. Destacar e agradecer ao Racing que prestase dous xogadores xa que do contrario o Numancia tería que ter xogado con 6 xogadores todo o partido. Moitas grazas.