Afeccionados
ADR NUMANCIA DE ARES 2 - ADC A CAPELA 1PENSANDO NO FUTURO Partido correspondiente a última xornada da Fase Previa da Segunda Galicia no seu grupo "A", disputado na tarde do domingo en Prados Vellos ante un bo número de espectadores. Nos prolegómenos do encontro, o responsable das Bodegas&Vinos Ares, Alex Pérez entregoulle a Dani Espiñeira o agasallo como mellor xogador do mes de Outubro. Tamén antes do encontro, o piloto aresá, Juancho Romero foi agasallado pola presidenta do Numancia, Elena Fuentes cunha bufanda e unha camiseta do clube, para posteriormente realizar o saque de honra do partido.
|
||
|