AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 - MANIÑOS, 0
O NUMAN GAÑA O TROFEO DE SAN SALVADOR DE MANIÑOS
Co paso dos minutos, o Numancia evidenciou unha superioridade física e controlou o partido dunha maneira cómoda.
Ares, 8 de agosto de 2010
Segunda vitoria en dous partidos e dosificación nos xogadores, repartindo minutos entre todos. Carlos Rodríguez utilizou a todos os xogadores dispoñibles, realizando probas e colocándoos en distintas posicións para observar as súas evolucións e posibles adaptacións.
De inicio, xogaron:
Kiko, Bule, Antón, Costa, Zeta, Oli, Borja, Teti, Rubén, Jorge, e Manu. Na segunda metade, foron entrando tamén Martín, Jauma, Javi, Jorgito e Carlos.
Os goles foron materializados por Manu (m. 38), e Oli (m. 54 e m. 85)
Os próximos partidos serán o venres, 13 de agosto en Barallobre; e o domingo, 15 de agosto, ás 19.00 h. en Prados Vellos, disputandose o trofeo do concello fronte o G. Mugardos.