AFECCIONADOS. CONVOCATORIA NUMANCIA- SOMOZAS B

REGRESA VICENTE

Para o partido deste domingo, Juan Alberto só pode contar con quince xogadores.

Ares, 27de marzo de 2010

A novidade máis salientable desta convocatoira é a presenza de Vicente, que volve despois dunha ausencia de varias xornadas debido a motivos laborais. No lado negativo, á baixa por sanción de Jauma, hai que sumar os lesionados Pedro e Jose, así como a non convocatoria de Javi Rubio e Sergio, ambos con compromisos de traballo. Por tanto, quedan quince xogadores dispoñibles:

Porteiro: Kiko.

Defensas: Vicente, Antón, Bule, Costa e García.

Medios: Teti, Oli, Borja, Julio, Dani e Rubén.

Dianteiros: Jesús, Carlos e Manu.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.