AFECCIONADOS. CEBARCA - NUMANCIA. CONVOCATORIA
SORPRESAS NA CONVOCATORIA.
Para o partido deste domingo, entran na relación de convocados dous xogadores de categoría cadete.
Ares, 26 de febreiro de 2010
Unha vez finalizado o adestramento deste venres, o delegado do equipo, David, facilitounos a lista de convocados:
Porteiro: Carlos Arnoso.
Defensas: Jauma, Pedro, Dani Bule, Vicente, Costa e Antón.
Medios: Teti, Oli, Borja, Jose, Julio e Dani.
Dianteiros: Manu, Javi e Edu.
Evidentemente, a suspensión dos partidos das categorías de xuvenís e cadetes, xunto á acumulación de baixas condiciona esta convocatoria. Na portería, tanto Sergio coma Kiko están fóra de Galicia e non poden estar dispoñibles para este partido; García e Pedrito están sancionados; Fernando continúa lesionado; Jesús, Rubén Allegue e Carlitos, por decisión do adestrador non van convocados; e outros coma Rubén Martínez, Zeta e Michi xa non aparecen desde hai tempo.
Nesta ocasión, a magnífica canteira do Numancia nutre ao primeiro equipo con dous xogadores que veñen destacando desde sempre, un na portería realizando xornada tras xornada excelentes intervencións e outro, na dianteira, sumando goles partido a partido. Carlos Arnoso e Eduardo Iglesias, dous cadetes que xa desde hoxe se converten nos protagonistas do partido deste domingo.