AFECCIONADOS. PREVIA NUMANCIA - VALDOVIÑO

SDR NUMANCIA. PREVIA NUMANCIA-VALDOVIÑO.BORJA: "ESPERO QUE TEÑAMOS A POSESIÓN DO BALÓN"

Esta semana entrevistamos a un xogador do Numancia, Borja Carballo, toda unha referencia no xogo ofensivo do equipo, para valorar as posibilidades do Numan, nas vésperas do partido co Valdoviño. - Borja, esta é a túa segunda temporada no Numancia. Como te encontras no equipo?
- Moi a gusto, tanto cos compañeiros como coa directiva e a afección. A verdade é que máis ca un equipo é unha gran familia.
- E como ves a este Numancia, aínda existen posibilidades para ser campións?
- Isto está empezando, quedan moitos puntos en xogo. O equipo estase acoplando e ao final, acaberemos arriba seguro.
- O último empate co Sansa foi outra desilusión. Que lle pasa a este equipo que tanto prometía na pretemporada?
- Desilusión non, creo que nos dos últimos partidos se está vendo outro Numancia pero nos está faltando un pouco de sorte.
- Vinte goles a favor e vinte en contra. Unha primeira análise indica que se encaixan moitos goles,  e parece ser que os centrocampistas non colaboran nas tarefas defensivas, que opinas?
- Non hai que botarlle a culpa nin aos medios nin aos defensas, un equipo somos once e todos teñen que aportar o seu grao de area á hora de defender.
- O Valdoviño vén de gañar 3 – 0 ao Maniños e 2 – 1 ao Perlío, dous equipos favoritos para o ascenso. Sae polo tanto, como favorito neste partido contra o Numancia?
- Está claro que por clasificación deben ser favoritos pero eu confío no equipo e creo que se queremos estar arriba, hai que gañar a todos os equipos.
- Que partido esperas mañá: un dominio do Numancia e contraataques do Valdoviño?
- Espero que o Numancia saia coas gañas do día do Ortigueira e teñamos a posesión do balón que é como sufrimos menos.
- Como ves esta 2ª autonómica? Cales son os equipos máis fortes?
- Do que levo visto ata agora, gústame o bloque do Maniños, o Perlío sabe a que xoga e sorprendeume o San Pablo.
- Que xogadores destacarías nesta categoría?
- A Borja (Ortigueira), Fornos (Perlío) e Álex (Neda).

Sorte a Borja e ao Numancia para o partido de mañá, partido para o que Juan Alberto convocou aos seguintes xogadores:
Iván, Kiko, Teti, Javi, Jose, Borja, Pedro, Pedrito, Bule, Jauma, Manu, Julio, Costa, Carlitos, Vicente e García.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.