AFECCIONADOS. PREVIA NUMANCIA-ORTIGUEIRA
JUAN ALBERTO: "TEMOS QUE CERRAR A NOSA PORTERÍA"
A vitoria conseguida na anterior xornada en Prados Vellos abre unha porta de esperanza para o inicio dunha nova etapa que haberá que confirmar co Ortigueira.
- Juan, o Ortigueira non será un equipo fácil, confías na vitoria?
- Espero que este segundo partido na casa tamén o gañemos pero para iso temos que ser capaces de cerrar máis a nosa portería.
- Que che preocupa máis do Ortigueira?
- Se acaso a posesión de balón, é un equipo que practica xogo combinativo e quizás nos ocasionen problemas xa que nós non sabemos defender ben.
- As lesións de Oli e Julio, supoñen unha merma nas posibilidades do equipo?
- Non, hai plantilla suficiente. No caso de Julio temos outros xogadores de banda con desborde.
- Pedrito marcoulle dous goles ao Cebarca, son tan necesarios os seus goles no equipo?
- Sempre son importantes os goles dos dianteiros
- Esta semana incorpóranse á convocatoria os veteráns Jose e Pedro, ausentes a semana pasada. Que esperas deles?
- Que nos dean máis solidez no centro do campo.
Para a convocatoria deste domingo, Juan Alberto citou aos seguintes xogadores (Oli e Costa continúan lesionados e Julio lesionouse ante o Cebarca)
Porteiros: Iván e Sergio
Defensas: Fernando, Vicente, Jose, Pedro, Jauma e Bule.
Medios: Javi, , Borja, Zeta, Teti e García
Dianteiros: Manu, Pedrito e Ortega