AFECCIONADOS: PREVIA NUMANCIA- PERLÍO

SDR NUMANCIA. PREVIA NUMAN-PERLÍO. OUTUBRO 2009JUAN ALBERTO: “O PERLÍO É UN EQUIPO MOI COMPETITIVO”

Hoxe, venres 9 de outubro, solicitamos de Juan Alberto, adestrador do Numancia, unhas valoracións previas ao partido deste domingo entre o Numancia e o Perlío.
 
-                     Cal é o momento do Numancia agora mesmo?

 S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2009-2010. Entrenador. Juan Alberto

-                     Agora mesmo non estamos no mellor momento, desde a pretemporada fomos de máis a menos. Para o partido deste domingo temos a baixa de Bule por sanción, Sergio por motivos laborais, a os lesionados Iván, Oli e Carlos. Pola contra, recuperamos a Zeta, ausente nos últimos partidos.
-                     Como xogades habitualmente?
-                     Intentamos xogar combinativamente e asumimos o risco de perder o balón nas saídas. Un dos aspectos máis frouxos é que non nos gusta moito o contacto e tampouco dominamos as segundas xogadas. Tacticamente utilizamos habitualmente un 4 – 1 – 4 – 1.
-                     Para o partido deste domingo, cambiarás algún aspecto táctico tendo en consideración ao rival?
-                     Si, quizás haxa algún cambio (evidentemente, non nos desvelou esa suposta variante)
-                     Como esperas que saia o Perlío?
-                     Temo que non imos ser capaces de roubarlles o balón nas saídas desde atrás e teremos que estar moi pendentes das segundas xogadas en medio campo.
-                     Paréceche un equipo competitivo?
-                     Si, totalmente, o Perlío é un equipo moi competitivo ao que lle importa fundamentalmente gañar os tres puntos.
-                      Realiza unha breve análise do equipo contrario.
-                     Son moi perigosos en ataque onde contan con xente moi rápida nas bandas (na esquerda teñen un xogador moi hábil) e un punta que domina o xogo aéreo e sabe xogar de costas. Ademais, teñen un medio campo moi traballador e atrás non se complican, a defensa é moi solvente e non arriscan nunca.
-                     Dános un pronóstico para o domingo.
-                     Aposto por un 3 – 2.
-                     Favoritos ao título de liga desta temporada?
-                     Pois considero que, en principio, hai catro equipos que loitarán polo campionato: Perlío, Numancia, Meirás e Galicia Mugardos B.
 
      A última hora deste venres, o delegado David Seijas facilitounos a convocatoria para o domingo, na que entran os seguintes xogadores:
Porteiro: Kiko; defensas: Jauma, Jose, Vicente, Fernando, García, Pedro; medios: Teti, Borja, Julio, Zeta, Javi; dianteiros: Manu, Pedrito, Ortega e Rubén.
Mañá sábado, subiremos as valoracións de Tito, adestrador do Perlío
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.