ADR NUMANCIA DE ARES 2 - ADC A CAPELA 1
PENSANDO NO FUTURO
Partido correspondiente a última xornada da Fase Previa da Segunda Galicia no seu grupo "A", disputado na tarde do domingo en Prados Vellos ante un bo número de espectadores. Nos prolegómenos do encontro, o responsable das Bodegas&Vinos Ares, Alex Pérez entregoulle a Dani Espiñeira o agasallo como mellor xogador do mes de Outubro. Tamén antes do encontro, o piloto aresá, Juancho Romero foi agasallado pola presidenta do Numancia, Elena Fuentes cunha bufanda e unha camiseta do clube, para posteriormente realizar o saque de honra do partido.
Ares, 11 de Novembro de 2018
CRÓNICA:
Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:
NUMANCIA: Carlos Arnoso, Marcelo, Óscar, Vicente, Pablo Ferro, Rubén, Joaquín, Iván Pivo, Chapu, Dani Espiñeira e Ángel. Tamén xogaron: Julio, Alex Pita, Elías e Juan.
Numancia e Capela non se xogaban nada neste encontro. Os nosos clasificados como segundos de grupo para a Liga principal e os visitantes, que se presentaron con 12 xogadores en Ares, xa sen opcións de clasificarse. A primeira parte foi mala de solemnidade, axudado tamén polos golpes e interrupcións que se produciron durante os primeiros 45 minutos. Destacamos na primeira parte algunha tímida ocasión do Numancia e o gol en propia meta de Chapu tras o saque dunha falta dos visitantes, que supuxo o 0-1 antes do descanso.
Na segunda metade os nosos saíron decididos a darlle a volta ao marcador. Momentos de xogo colectivo mesturábanse con outros de precipitación e abuso de balóns longos que non atopaban un bo destino. O rival, facía o seu partido, serio en defensa e deixando pasar o tempo. Por sorte, unha boa parede entre Chapu e Julio era finalizada con éxito por este último, que superaba ao incombustible Truman para facer o 1-1. Nos últimos minutos, o Numancia buscou a portería visitante con mais corazón que cabeza. Demasiado excitado. No tempo de desconto, unhfa falta favorable ao Capela termina nun contraataque para o Numancia. Chapu asiste maxistralmente a Ángel e este non perdoa diante do porteiro, conseguindo o definito 2-1 antes do pitido final do colexiado.
En definitiva, partido de trámite para os nosos, que fixeron unha boa Primeira Fase, clasificándose como segundos clasificados para a grupo que loitará polo ascenso a Primeira Autonómica. Nos próximos días, publicaremos unha valoración desta Primeira Fase por parte do adestrador do equipo, Miguel Carballeira.
- Resultados e clasificación da última xornada da primeira fase
- Acta abreviada do encontro
- Galería de imaxes do encontro
O próxim domingo comeza a Segunda Fase no campo de A Piscina de San Sadurniño. Sansa - Numancia, primeira etapa desta bonita aventura que nos agarda. ¡¡¡Non faltes¡¡¡
AUPA NUMANCIA