NUMANCIA DE ARES 5 - MANDIÁ CF 1

ADR Numancia de Ares.VITORIA E MOITOS GOLES, NA FESTA DO REMO EN PRADOS VELLOS

Numancia e Mandiá disputaron en Prados Vellos a cuarta xornada da Primeira Fase do grupo "A" da Segunda Galicia. Antes do comezo, a ADR Numancia homenaxeou as remeiras Aida Carro e Alba Rivas, así como a tripulación da traiña da Santa Olalla de Lubre do Club de Remo de Ares. Todas e todos eles pasaron polo paseiño de honra feito por ambos equipos, colexiado e por xogadores das categorías inferiores do nos club. Houbo tamén intercambio de agasallos entre Numancia de Ares e Club de Remo de Ares, así como o saque de honra por parte das dúas remeiras homenaxeadas.

ADR Numancia de Ares

Ares, 23 de Setembro de 2018

No aspecto deportivo, Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Carlos Arnoso, Óscar, Antón, Berto, Juan, Elías, Fran Ripas, Iván Pivo, Espiñeira, Carlos Vázquez e Chapu. Tamén xogaron Pablo Ferro, Vicente, Julio, Martín e Joaquín.

CRÓNICA:

Entrou moi ben no partido o Numancia, que conseguiu tres goles no primeiro tramo de partido. O 1-0 era de Chapu tras recibir un bonito pase interior no minuto 6 do encontro. O 2-0 o conseguía Dani Espiñeira no minuto 18, tras asistencia do propio Chapu. Pouco despois, no minuto 23, de novo Chapu facia o 3-0 aproveitando unha boa asistencia de Carlos Vázquez. Saida en tromba do Numancia con boa circulación de balón e un alto ritmo de xogo que desarbolou por completo ao conxunto visitante. Houbo mais ocasións nos minutos posteriores, aínda que nos minutos previos ao intermedio o partido endureceuse un pouco, chegándose ao descanso co 3-0 coñecido.

Na segunda metade, estivo mellor o Mandiá, que tivo ocasións para achegarse no marcador, atopándose cun seguro Carlos Arnoso. Os nosos desconectaron do partido, cometendo erros por falta de concentración e dando facilidades aos visitantes. Por sorte, no minuto 80, Carlos Vázquez establecía o 4-0 tras roubar un balón dentro da área visitante. Os últimos dez minutos non tiveron intensidade, conseguindo Iván Pivo 0 5-0 tras xogada colectiva e Fran Ameneiros o gol da honra dos visitantes para finalizar o partido co 5-1 no marcador de Prados Vellos.

En resumo, partido relativamente cómodo para o Numancia, gracias a unha gran primeira metade que lle permitiu vivir de rentas na segunda. Tres puntos para seguir na terceira posición con 8 puntos, afiánzandose pouco a pouco nos postos que dan o pase ao grupo principal da categoría. Queda camiño por andar, e o primeiro paso será dos que gustan dar. O próximo sábado as 17:30 no campo de A Pedreira (moi posiblemente no campo de herba natural) medirán as suas forzas o Galicia de Mugardos "B" e o Numancia. Dous equipos que comezaron ben a temporada, e que buscarán os tres puntos para seguir na zona alta e para levarse o primeiro derbi oficial da temporada.

Resultados da xornada 4ª e clasificación do grupo 3º A 1ª Fase Ferrol de 2ª Galicia

Acta abreviada do encontro

Galería Fotográfica do encontro

Marea vermella o próximo sábado as 17:30 no campo de A Pedreira. ¡¡¡Non podes faltar¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.