PRESENTACIÓN DO III TROFEO FESTAS DE SAN ROQUE

NUMANCIA - G. MUGARDOS, O DOMINGO EN PRADOS VELLOS

Luís Fuentes, representante da Comisión de Festas de San Roque, e Julio Escudero (un dos capitáns do Numancia), presentaron hoxe a 3ª edición do trofeo das Festas de San Roque.
Ares, 10 de agosto de 2014.
Repítese o derbi de hai un ano entre o Numancia e o Galicia de Mugardos nesta 3ª edición do Trofeo Festas de San Roque que se disputará este vindeiro domingo, 13 de agosto, ás 18.00 h. en Prados Vellos.
 
Para o Numancia  será o primeiro partido da pretemporada e este derbi servirá para presentar a base do equipo desta nova temporada.
 
Enfronte estará un Galicia de Mugardos que chega con máis partidos de rodaxe e aínda que baixara unha categoría seguirá levando o cartel de favorito.
 
A ADR Numancia quere manifestar o seu agradecemento tanto á Comisión de Festas de San Roque coma ao Galicia de Mugardos pola súa colaboración neste Trofeo.
 
Por último, indicar que no descanso do partido se sortearán un par de racións de lagostinos a degustar o vindeiro sábado, 19 de agosto no parque Rosalía de Castro, nun evento organizado pola Comisión de Festas de San Roque desde as 13.00 h.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.