AFECCIONADOS: NUMANCIA, 1 - NEDA, 1

MARCOS AMOR: “SEGUIREMOS LOITANDO PARA MELLORAR”

Empate a goles en Prados Vellos, tras unha primeira parte que finalizaba coa vitoria visitante por 0 – 1.

 

Ares, 4 de outubro de 2016.

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2016-2017. 1ª Fase Liga. Numancia, 1 - Rápido de Neda, 1. Prados VellosEste domingo, 2 de outubro, e na quinta xornada da 1ª fase da Segunda Galicia, grupo A de Ferrol, visitaba Prados Vellos un Neda descendido na temporada anterior e cun equipo moi renovado.

Antes do comezo do partido, Álex Pérez, representante de “Bodegas&Vinos Ares”, entregoulle a Julio o regalo correspondente ao xogador máis regular do mes de setembro.

Tamén debemos comentar que o cadro do Numancia, xogadores e técnicos, portaron unhas pancartas de ánimo cara o seu compañeiro Chapu e a súa muller, que sufriran un accidente de tráfico unha semana antes e están a recuperarse do percance.

A seguir, ofrecemos os comentarios do adestrador local, Marcos Amor:

ADR Numancia de Ares. Trofeo Regularidad Bodegas & Vinos Ares mes de septiembre para Julio Escudero. Partido que se presentaba duro e rocoso e así tal cal foi un Neda que chegaba a Ares como líder e sen perder partido. Entrou no partido mais metido que o equipo local. O Neda facíase co balón e levaba o ritmo do partido mentres que o Numancia estaba ben plantado defensivamente. Pese a ese control do xogo do Neda a portería de Carlos non pasaba grandes perigos a non ser algúns tiros lonxanos do Neda que saíron bastante desviados sen poñer en apuros a Carlos. Cando o equipo local estaba a entrar no partido e tratar de ti a ti ao Neda, equipo que o ano pasado militaba na Primeira autonómica, seria no min. 25 cando chegou a xogada do gol nun fallo na saída do balón e onde despois de facerse o Neda co balón na frontal da área e facendo un dous para un contra Carlos, marcaba Unai.

Despois do gol o Numancia estaba despistado pero co paso dos minutos volveuse a facer co balón e a chegar a portería do Neda con sendos remates de Ángel,  Julio e Pivo, pero sen sorte.

Á volta dos vestiarios volveríamos a ver a mellor cara do Numancia facéndose co balón e metendo no seu campo a un Neda que empezaría a xerar perigo só en contras . Cando o partido transcorría polo min. 74, nunha xogada por banda moi ben trenzada polos locais e tras un pase ao borde da área, Martín en posición acrobática e cun bo golpeo de interior, metía o balón pola escuadra do Neda. Segundo a miña opinión facíase xustiza no resultado. De aquí ao final o único equipo que quixo buscar os tres puntos foi o Numancia e o Neda seguiu esperando atrás e tería unha ocasión á contra na que a defensa aresá estaría atenta para botar o balón a córner . Aínda o Numancia tería dúas ocasións máis: unha nos pés de Joaquín e outra nun remate de cabeza de Julio. Con todo isto, o árbitro pitaba o final do partido e os puntos repartiríanse.

Seguiremos loitando para mellorar .

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.