PRESENTACIÓN DO II TROFEO FESTAS DE SAN ROQUE

PERMUY, QUIQUE, JULIO E IVÁN, PARTICIPARON NO ACTO

A comisión das festas de San Roque, representada por Luís Fuentes, fixo onte a presentación da 2ª edición do trofeo de fútbol que se disputará este domingo, 14 de agosto, ás 19.00 no campo de Prados Vellos. 

Ares, 11 de agosto de 2016.

A este acto, celebrado no local da Floristería Real de Ares, acudiron  xogadores do Galicia de Mugardos e do Numancia, os dous equipos que disputarán este torneo.

 

ADR Numancia de Ares. Trofeo Festas de San Roque 2016. Numancia de Ares - Galicia de Mugardos. Trofeos.

 

Polo Galicia de Mugardos estiveron os dous xogadores formados na canteira do Numancia, Álex Permuy e Quique Fernández, hoxe convertidos en xogadores clave do equipo verde. 

 
 
ADR Numancia de Ares. Trofeo Festas de San Roque 2016. Numancia de Ares - Galicia de Mugrados. Julio, Luis e Alex Permuy
 

E o Numancia estivo representado por Julio Escudero, referencia do xogo e “veterano” do equipo aresán; máis Iván Fernández, un dos mellores expoñentes da canteira numantina.

 
ADR Numancia de Ares. Trofeo Festas de San Roque 2016. Numancia de Ares - Galicia de Mugardos. Quique, Luis e Iván
 

Vaise consolidando este trofeo estival que reunirá a dous equipos que, por estar en categorías diferentes, non teñen moitas ocasións de enfrontarse e reeditar partidos de rivalidade. Sen dúbida, unha excelente ocasión para subir o domingo pola tarde a Prados Vellos e observar o nivel da canteira aresá.

 ADR Numancia de Ares. 2º Trofeo Festas de San Roque 2016. Cartel Trofeo.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.