AFECCIONADOS. PLAN COMPETICIONAL FERROL 2015-16
PERLÍO, CAPELA, BARALLOBRE E CABANAS, RIVAIS DO NUMANCIA DE AFECCIONADOS NA PRIMEIRA FASE.
O 6 de setembro comezará a primeira fase da liga de afeccionados, coa participación de 23 equipos divididos en 2 grupos.
Ares, 1 de agosto de 2015.
O plan competicional da categoría de afeccionados aprobado é este:
1. Competirase por fases sempre que non haxa máis de 24 equipos.
2. Formaranse dous grupos para a primeira fase, atendendo á clasificación obtida a temporada anterior, indo os pares para o grupo 1º e os impares para o grupo 2º, xogándose esta fase a unha soa volta.
3. GRUPOS:
1º: MEIRÁS, G. CARANZA, NUMANCIA, PERLÍO, MANDIÁ, CAPELA, SAN SADURNIÑO, ESTRELLA, SOMOZAS "B", BARALLOBRE, XUVENTUDE CABANAS e DEPORTIVO NARÓN.
2º: MANIÑOS, AS PONTES "B", ORTIGUEIRA, NARAHÍO, SAN MATEO, CARIÑO, ROSALÍA, CEBARCA, VALDOVIÑO, MOECHE e MONFERO.
4. Na segunda fase formaranse dous grupos: A e B. Ao grupo A irán os 6 primeiros de cada grupo da primeira fase disputando o título de liga do grupo, así como a praza de ascenso e a praza de promoción.
5. Ao grupo B irán os seguintes clasificados e xogarán polo título de liga do grupo así como pola orde clasificatoria.
6. Rematada a competición haberá unha orde clasificatoria do 1 ao 23, pois en caso de descensos ou arrastres e, se houber máis de 24 equipos activaríase a 3ª autonómica.
7. A segunda fase comezará o 29 de novembro e rematará o 8 de maio.
8. A continuación comeza a Copa, xogándose unha primeira eliminatoria entre os equipos de afeccionados, sen os de Primeira Autonómica. Realizarase un sorteo puro. A eliminatoria será a un partido único, o 15 de maio.
9. O 22 de maio, tamén a un partido único, celebraranse os oitavos de final, xa cos equipos de Primeira Autonómica.
10. O 29 de maio serán os cuartos de final, a un partido.
11. As semifinais están para o 5 e 12 de xuño.
12. Final de Copa: 28 de xuño, a ser posible na Malata.