Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 – NARON, 1 (Penaltis 2 – 3)
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 – NARON, 1 (Penaltis 2 – 3)

ESTAMOS TOD@S ORGULLOS@S DE VÓS

Partido correspondente a Semifinal - volta da Copa Delegación de Ferrol (1 - 1 na ida) disputado na tarde do domingo en Prados Vellos que rexistrou unha das mellores entradas dos últimos anos. O resultado ao descanso era de 0 - 1. 

 

Ares, 7 de xuño de 2015.

Antes de comezar ó partido, gardouse un respetuoso minuto de silencio en memoria de D. Ramón Fuentes Piñeiro, ex-directivo do Numancia de Ares que faleceu a pasada semana. DEP.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Carlos, Álvaro (Juan 77´), Martín, Antón, Pepe (Ángel 66´), Pedrós (Paulo 58´), Adrián, Julio (C), Alex Pita, Borja (Fernando 72´) e Chapu.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º Adestrador: Manuel Cartelle Permuy.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

NARÓN: Óscar, Jose, Luís (Marbin 84´), Iván, Larry, Roberto (C), Alex, Cokito (Manu 55´), Peli, Jesús (Marcos 67´) e Bertito(Leira 77´)

Adestrador: Jesús Peña Criado.

Delegado: José Pernas Cacheiro.

COLEXIADA: Dª. Raquel Ortega Orge asistida nas bandas por Dº. Telmo Pérez Vázquez e Dº. Martin Zakaryan. Amoestou a Paulo, Chapu, Juan, Antón e Ángel no Numancia e Roberto, Iván e Leira no Narón. Foron expulsados Cartelle (2º adestrador), Alex Pita e Juan no Numancia.

GOLES:

0 - 1 (JESÚS) Balón que toca Pepe hacia atrás. Jesús moi atento recolle o balón e supera a Carlos (minuto 23).

1 - 1 (JULIO) Penalti que lanza Julio, Óscar rexeita o balón pero Julio aproveita o rechace para anotar o empate (minuto 89).


 


CRÓNICA:

Ambiente de gala nun Prados Vellos ateigado de espectadores que querían disfrutar dun partido de volta de semifinais de Copa que non defraudou a ninguén. Goles, polémica, emoción, tensión... De todo como en botica.

Os primeiros 15 minutos de partido foron broncos, intensos e sen apenas chegadas as porterías. O Narón co vento a favor pouco a pouco collía o mando do partido. No minuto 23 nunha acción desafortunada do Numancia, Jesús anotaba o 0 - 1. Tocaba remar e reaccionar. No minuto 28 a colexiada sinalaba penalti sobre Alex Pita. Julio lanzaba pero o gardarredes visitante Óscar adiviñaba a suas intencións. Non decaían os ánimos numantinos e novamente Julio dispara dende lonxe rexeitando o balón nun defensa. Os naroseses dispoñían dun contraataque no que Carlos moi atento saía con rápidez para evitar o perigo. Xusto antes do descanso un centro - chut de Pepe a piques estivo de sorprender a un Óscar que despexaba a córner. Chapu cun disparo frouxo fácil para o porteiro gozaba da última ocasión dunha primeira metade que remataba con 0 - 1 favorable aos naroneses.

Na reanudación saia o Numancia decidido a polo empate colgando balóns. No 50´ unha falta de Pita era despexada por Óscar a córner. Nese mesmo saque de esquina os naroneses sacaban o balón da línea de gol. No 57´ ocasión de luxo para un Borja que observaba como Óscar evitaba o gol nunha xogada de un contra un. Malas noticias para o Numancia que quedaba con 10 xogadores no minuto 59 por expulsión de Alex Pita. Iso non impediu que os numantinos arriscaran e co apoio da afición seguirán buscando ó empate. Claro que tamén asumían riscos e os visitantes gozaban de ocasións aproveitando os espazos. No 75´ un disparo frouxo de Julio caía nas mans de Óscar. O Narón parecía sacudirse o dominio e nunha falta no 82´ obrigaban a Carlos a realizar unha gran parada. Os numantinos colgaban unha falta que non atopaba rematador e marchaba fora. ¿Marchaba a ilusión? Iso en Prados Vellos é imposible. No minuto 89 balón colgado do Numancia sobre a área visitante. Un xogador do Narón agarraba a Chapu e Raquel Ortega asubiaba penalti. Julio volvía a asumir a responsabilidade e Óscar volvía a parar, pero.... no rexeite Julio sí que atinaba e facía o 1 - 1 provocando una explosión de xúbilo en Prados Vellos. Nesa mesma explosión de xúbilo e locura Juan resultaba expulsado afrontando o Numancia con 9 xogadores os cinco minutos de desconto que non tiveron maior trascendencia. Tocaba decidir o pase a gran final na quenda dos penaltis.

Na quenda de penaltis anotaban para o Numancia, Chapu e Fernando, errando os seus lanzamientos, Adrían, Martín e Paulo. No Narón anotaban Alex, Jose e Leira deixando en anécdota o erro de Peli. Co resultado de 2 - 3 favorable ao Narón remataba a quenda dos penaltis.

En resumo, gran partido de Copa entre dous grandes equipos. O noso xoven Numancia e o Narón un equipo que competiu na Primeira Autonómica e ao que o noso Numancia conseguia empatar nos dous partidos de semifinais. Soamente a lotería dos penaltis privou ao Numancia de xogar a gran final. ¡¡¡O fútbol é así¡¡¡

Fin de temporada para un Numancia que no aspecto deportivo conseguiu unha máis que meritoria 4ª posición na Segunda Autonómica e chegou ata as semifinais na Copa Delegación de Ferrol. Moito mérito o de un grupo moi xoven, onde incluso xogadores en idade xuvenil tiveron un gran protagonismo durante a temporada. ¡¡¡Qué imos dicir¡¡¡ A gran ovación de Prados Vellos a este equipo unha vez finalizou o partido pensamos que define da mellor maneira posible o agradecemento da Marea Vermella a este gran grupo de rapaces, a este equipo do que é mellor non falar moito. Porque unha imaxe vale mais que mil palabras, e porque nos queda moito por disfrutar. ¡¡¡Ánimo leóns¡¡¡

Fin de temporada incrible no aspecto social. A Marea Vermella gozou nestos últimos dous meses con xuvenís e con modestos creando un ambiente festivo, numantino e precioso en todos os partidos importantes que xogou o Club. Este domingo Prados Vellos estivo cheo de nenos dende biberóns ata cadetes, de xuvenís, de familiares, aficionados de sempre, xente do pobo.... Prados Vellos foi unha festa que sen dúbida deixou imaxes para ó recordo. Ata os mais vellos do lugar derramaban algunha bágoa... Mais que de tristura, de emoción. Estamos seguros de que todos os acontecementos dos últimos meses, estos grandes partidos con esa gran afición será un paso adiante. ¡¡¡Imos crecer xuntos¡¡¡ Contamos con todos e todas para a próxima temporada.

¡¡¡MOITAS GRAZAS NUMANTIN@S E ARESAN@S¡¡¡

O Numancia somos tod@s

¡¡¡Aupa Numancia¡¡¡

E para finalizar vou tomarme a liberdade de publicar o comentado nas redes socias por un xogador do Numancia durante moitos anos, e a día de hoxe un gran afeccionado, e que pensó que define claramente o agradecemento dun pobo ao seu equipo:

"Nos anos que levo vendo fútbol do Numancia non recordo un agradecemento como o do final do partido de onte por parte da afección no cal os aplausos non soaban a pena ou tristura, senón máis ben a traballo ben feito.
Seguide así. Un saúdo.
Como afeccionado, OK".

 

 A ILUSION NUNCA SE LESIONA. AUPA NUMANCIA.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.