AFECCIONADOS. PERLIO, 0 – NUMANCIA, 1.

DISFRUTANDO DO NOSO EQUIPO


Partido correspondente a 28ª xornada da Segunda Autonómica grupo 4 disputado na tarde do domingo no campo Municipal de Os Pinares de Perlío ante numeroso público. O resultado no tempo de descanso era de 0 - 1 favorable ao Numancia.


Fene, 12 de abril de 2015.


FICHA TÉCNICA:


CCRD PERLÍO: Deivid, Palillo, Durán, Chao (Yeyo 78´), Varela, Elías, Dani Ríos (Pereira 22´), Palma, Rober (C), Seto (Ángel 60´), Óscar Rañales.


Adestrador: Matías García Ares.


Delegado: Julián Rico Rilo.


NUMANCIA: Carlos, Álvaro, Paulo, Martín, Pepe, Teti (C), Julio (Cristian 88´), Jesús (Pedrós 56´), Fernando (Alex Pita 64´), Manu (Roque 76´) e Chapu (Borja 62´).


Adestrador: Marcos Amor Roel.


2º Adestrador: Manuel Cartelle Permuy.


Delegado: José Ramón Hermida Varela.


COLEXIADO: D. Víctor García Villaverde. Amoestou a Varela no Perlío e Pedrós no Numancia.


GOLES:


0 - 1 (MANU) Balón que recolle Manu en tres cuartos de campo e tras situarse nunha boa posición de disparo lanza un auténtico misil que entra pola escuadra dereita da portería de Deivid (minuto 32).


CRÓNICA:


Gran ambiente nunha calurosa e soleada tarde de domingo de abril no campo de Os Pinares. Numerosos espectadores na Tribuna Alta e tamén outros que preferiron estar a pé de campo tomando o sol disfrutaron dun gran partido entre dous equipos da zona alta da Segunda Autonómica, o Perlío e o Numancia.


Comezaba o partido moi aberto nun campo de grandes dimensións. Ambos equipos combinaban no medio do campo para despois internar buscar os espazos e a velocidade dos seus homes de banda. Avisaba o Perlío cun balón que Álvaro sacaba preto da línea de gol. Respondía o Numancia cun cabezazo de Jesús que atallaba Deivid e cunha boa ocasión de Chapu que marchaba algo desviada. No minuto 22 o Perlío perdía por lesión a Dani Ríos ao que aproveitamos para mandarlle moito ánimo. Foi un pequeno parón que ambos equipos agradeceron para refrescarse na línea de banda. Posteriormente Óscar Rañales quedaba solo diante de Carlos pero non foi quen de sacar proveito da ocasión. Respostaban os numantinos cun disparo de Manu que marchaba fora por pouco. No minuto 32 Manu sí que estaría acertado e agasallaba aos afeccionados cun dos mellores goles desta temporada na Segunda Autómica. Manuel Vilasánchez recollía un balón en tres cuartos de campo, avanzaba un pouco e disparaba un mísil soberbio que entraba pola escuadra dereita dun sorprendido Deivid. ¡¡¡Golazo¡¡¡ e 0 - 1 para o Numancia. Despois do gol Chapu tivo ocasión de facer outro pero o seu disparo forzado marchaba fora. Poido empatar Óscar Rañales nun disparo que Martín sacaba na mesma línea un pouco antes do descanso ao que se chegaba co resultado de 0 - 1 despois dunha bonita primeira metade moi aberta e con ocasións para ambos equipos.


Na reanudación o Perlío buscaba o empate pero o Numancia estaba firme en defensa. Varios balóns colgados e xogadas a balón parado fixeron traballar a defensa numantina e a Carlos. Os aresáns levaba perigo ao contrataque e Chapu a piques estivo de facer un novo gol. Tamén Óscar Rañales gozaba dunha gran ocasión que Carlos abortaba cunha gran parada. Chegaba o momento de refrescar aos equipos e dar entrada aos xogadores do banquillo. O Numancia no último tramo de partido parecía ter a situación controlada xa que ningún dos dous equipos chegaba con perigo a portería adversaria, o esforzo e o calor comezaba a notarse nas pernas dos futbolistas. Nos últimos cinco minutos os de Fene apelaron a épica e colgaron balóns "a la olla" estando Carlos e a defensa numantina moi firme para evitar o empate. Na última xogada do partido tivo Alex Pita o 0 - 2 nunha fermosa xogada individual na que o seu disparo encontrábase co travesaño. Con emoción e ledicia na parroquia numantina finalizaba o Perlío 0 Numancia 1 no campo Municipal de Os Pinares.


En resumo, gran partido entre Perlío e Numancia. Un encontro con ritmo, ocasións de gol, deportividade, boa arbitraxe, excelente climatoloxía e moito público nas bancadas. ¡¡¡Así da gusto¡¡¡. E se gaña o Numancia pois moito mellor...


En definitiva, vitoria importante do Numancia na antepenúltima xornada da Segunda Autonómica. De momento, sirve para asegurar a 5ª posición na clasificación. Pero unha vitoria do Numancia no próximo partido daríalle ao noso equipo o 4ª posto nesta bonita Liga. Somos ambiciosos e loitaremos por conseguilo.


Polo tanto, o próximo domingo as 17:00 último partido de liga do Numancia en Ares nesta Segunda Autonómica. Unha vitoria ante o Mandiá daría a 4ª posición matemáticamente ao Numancia. ¡¡¡Debes asistir o domingo a Prados Vellos as 17:00 para axudar, animar e recoñecer o bo traballo do primeiro equipo do Numancia¡¡¡. Vémonos o domingo.


O Numancia somos tod@s


"Pueden los que creen que pueden" (Virgilio)


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡


Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.