AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 – G. CARANZA, 0.

¡¡¡BENVID0 2015¡¡¡

Partido correspondente a 16ª xornada da Segunda Autonómica disputado na tarde do domingo en Prados Vellos que rexistrou unha magnífica entrada.

 

Antes de comezar o encontro o representante de Adega Murillo Viteri en Ferrolterra, Alejandro Pérez entregou o premio ao xogador mais regular do mes de decembro, o capitán "Teti". Noraboa.

Gardouse un minuto de silencio a petición do Galicia de Caranza.

Ares, 11 de xaneiro de 2015.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Carlos, Berto, Antón, Martín (Álvaro 65), Paulo (Amenedo 63´), Adri (Isma 80´), Teti (C), Julio (Roque 84´), Fer, Borja e Chapu (Pedrós 60´).

Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

G. DE CARANZA: Víctor, Isma (Ferreño 55´) Quillo, Priegue, Sergio, Pedro Garrote (Aarón 62´), Yerai Daza, Iván (C), Roi, Martín (Aitor 30´) e Óscar Pereiro (Brais 52´).

Adestrador: Ángel Porto García.

Delegado: Emilio Fernández Esteban.

COLEXIADO: D. Alberto Cinza Seoane. Amoestou a Berto, Pedrós e Cartelle (adestrador) no Numancia e Isma, Aarón e Pedro no G. de Caranza. Expulsou a Fer no Numancia.

GOLES:

1 - 0 (PEDRÓS) Xogada individual de Pedrós que finaliza cun magnífico lanzamiento de media distancia que entra pola escuadra dereita de Víctor (minuto 67).

2 - 0 (FER) Pase interior de Borja para que Fernando anote ante a saída de Víctor (minuto 80).

CRÓNICA:

Nunha fermosa tarde de domingo en Ares con sol e temperatura suave daba comezo a segunda volta na Segunda Autonómica cun gran partido entre dous dos equipos mais xóvenes da categoría, o Numancia e o Galicia de Caranza que ofreceron un bonito espectáculo a numerosa aficción de ambos equipos que acudiu a Prados Vellos.

Na primeira metade houbo mais igualdade nos primeiros minutos con bastante centrocampismo. Co paso dos minutos foron chegando as ocasións, rozando o gol en varias ocasións claras Julio para o Numancia. Tamén Pedro Garrote de libre directo, Pereiro e Yerai en internadas por banda puideron adiantar ao Caranza. Os gardarredes estiveron acertados e o marcador no tempo de descanso era de 0 - 0.

Na segunda metade comezou moito mellor o Numancia. No minuto 55 un centro dende banda esquerda de Fer era cortado coa man por Aarón dentro da área. Penalti sinalado por Cinza Seoane que Julio enviaba ao travesaño. Seguía insistindo o Numancia e no minuto 67 chegaba o golazo de Pedrós que establecía o 1 - 0. Os visitantes buscaron ó empate con balóns longos e xogo bastante directo, pero a defensa numantina e Carlos con moito acerto evitaron o tanto en varias ocasións. No minuto 80 Borja aproveitaba os espazos deixados polos ferrolás para envíar un bonito pase que Fer cun bo desmarque e mellor definición convertía no 2 - 0. Por sorte non houbo moito sufrimento ata ó final e tres puntos importantes e cheos de moral quedaban en Prados Vellos ante o segundo clasificado.

En resumo, gran partido do Numancia para comezar o ano. Bo esforzo de todos os xogadores, cun traballo defensivo eficaz e serio e tamén con pegada sendo un dos partidos máis completos do equipo nesta temporada.

Na vindeira xornada toca visitar ao líder, o potente AD Miño en Gallamonde. Sen dúbida un gran reto para o Numancia que buscará dar a sorpresa ante o líder da Segunda Autonómica. Con espíritu numantino e cabeza todo e posible. ¡¡¡Gran Marea Vermella o próximo domingo nas bancadas do Municipal de Miño¡¡¡ Non faltedes.

O Numancia somos tod@s

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.



 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.