AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - ORTIGUEIRA, 4.

DERROTA ANTES DO NADAL

Partido correspondiente a 15ª xornada da Segunda Autonómica grupo 4 disputado na tarde do domingo en Prados Vellos cunha boa afluencia de público en tarde fría e soleada.

 



Ares 21 de decembro de 2014.

Antes de dar comezo ao partido gardouse un respetuoso minuto de silencio polo socio e siareiro incondicional do Numancia, Lisardo Pego, falecido esta semana. DEP.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Carlos, Amenedo (Martín Bouza 58´), Antón, Pepe (Chapu 58´), Pedrós (Marcelo 58´), Teti (C), Paulo, Adri, Fernando (Martín Pérez 69´) Manu e Borja (Isma 84´).

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: Jose Ramón Hermida Varela.

ORTIGUEIRA: Pazos, Bruno, More, Javi, Breijo (Ares 40´), Polo (C), Pita (Rodro 46´), Josiño (Rego 55´), Pedre, Nacho (Camilo 61´) e Borjita (Diego Cañoles 46´).

Delegado: Pablo Maseda Álvarez.

COLEXIADO: Brais Ferreiro Vérez. Amoestou a Paulo, Antón e Marcelo polo Numancia, no Ortigueira tamén viron o cartón amarelo Ares, Polo e Pedre. Foron expulsados Marcos Amor (adestrador) e Manu por parte do Numancia.

GOLES:

0 – 1: BORJITA (min. 9),balón solto na área do Numancia que recolle Borjita para batir a Carlos.

0 – 2: NACHO (min. 53), balón á espalda da defensa numantina que recolle Nacho en posición dubidosa para facer o segundo.

0 – 3: PEDRE (min. 78), centro dende a banda dereita que remata Pedre dentro da área.

0 – 4: DIEGO CAÑOLES (min. 88), contraataque visitante que finaliza Diego Cañoles.

1 – 4: CHAPU (min. 89),saque de esquina que remata de cabeza Chapu na área pequeña.

CRÓNICA:

Nunha bonita tarde con sol e frío visitaba un Prados Vellos con boa entrada o conxunto do Ortigueira. Un equipo sólido con xogadores contrastados que soubo facer o seu partido para derrotar con claridade ao noso Numancia.

Na primeira metade os visitantes conseguiron que o balón non pasara polo poblado centro do campo numantino. Con fútbol directo enviando balóns precisos sobre os seus homes de ataque levaron moito perigo ao Numancia. No minuto 9 Borjita conseguía o 0 - 1. Foi una primeira parte onde os aresáns nunca estiveron cómodos e apenas inquietaron a portería de Pazos, namentras que os de Ortegal estaban cómodos co seu xogo sólido e agresivo que soltaba zarpazos de cando en vez. Con ese panorama chegabamos ao descanso.

Na reanudación comezou moi ben o Numancia tendo o mando do partido. Borja tivo tres claras ocasiós de gol que non tiveron premio. No minuto 53 chegaba un polémico 0 - 2 obra de Nacho na que os numantinos reclamaron fora de xogo. No minuto 55 tivo lugar outra xogada clave xa que Manu era expulsado polo colexiado por una entrada sobre un rival, quedándose o Numancia con 10 xogadores. Non houbo reacción e Pedre e Diego Cañoles establecían o 0 - 4. O gol da honra de Chapu deixaba o marcador no definitivo 1 - 4 favorable aos de Ortegal.

En resumo, partido onde os visitantes aproveitaron a sua eficacia e veteranía para derrotar a un Numancia que nunca estivo cómodo nin tivo fortuna neste partido.

En definitiva, remata a primeira volta da Segunda Autónomica. Un comezo de Liga dubitativo, unha parte media cunha racha de seis vitorias consecutivas e duas derrotas xusto antes do Nadal colocan ao Numancia en 8ª posición antes do parón navideño. Un equipo xoven, moi unido e con ilusión do que estamos seguros que na segunda volta e na competición de Copa dará moito que falar.... Toca desfrutar do merecido parón de Nadal e coller moitas forzas para o 11 de xaneiro onde o Numancia recibirá ao segundo clasificado, o Galicia de Caranza en Prados Vellos.

¡¡¡FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANO 2015 A TODA A FAMILIA DO NUMANCIA E COMO NON A INCOMBUSTIBLE MAREA VERMELLA¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 

Numancia de Ares. Felices Festas.

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.