AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 - PERLIO, 0.

CONFIANZA, CABEZA E ILUSIÓN

Partido correspondiente a 13ª xornada da Segunda Autonómica grupo 3 disputado na tarde do domingo en Prados Vellos ante numeroso público de ambos equipos.

 

Antes de comezar o partido, o representante da Adega Murillo Viteri, Alejandro Pérez fixo entrega do premio aos xogadores mais regulares do Numancia no mes de novembro ao central Antón e a o xoven centrocampista Adrián Rodríguez. ¡¡¡Noraboa a ambolos dous¡¡¡


Ares, 7 de decembro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Carlos, Antón, Berto, Martín, Teti (C), Adri (Pedrós 63´), Paulo (Pepe 63´), Julio (Álvaro 79´), Manu (Jesús 83´), Borja e Chapu (Fernando 56´).

Adestrador: Marcos Amor Roel.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

CCRD PERLÍO: Monty, Diego, Dani Ríos, Álvaro (C) (Pereira 61´), Carrera, Xose, Rañales, Durán (Fabio 21´), Marcos (Rober 55´) e Alberto.

Adestrador: Juan Fernández Ameneiro.

Delegado: Servando Castro Pena.

COLEXIADO: D. Telmo Pérez Vázquez. Amoestou a Antón no Numancia e a Dani Ríos e Álvaro no Perlío.

GOLES:

1 - 0 (TETI) Falta lateral colgada por Manu, un defensor visitante rexeita o balón cara o segundo pau onde aparece Teti para envíar o balón ao fondo da portería de Monty (minuto 21).

2 - 0 (CHAPU) Pase en profundidade de Julio para que Chapu anote ante a saída de Monty (minuto 44).

 



CRÓNICA:

Tras varios anos na Primeira Autonómica o Perlío volvía a Prados Vellos. Moitos afecionados de ambos equipos acudiron a presenciar un partido no que o Numancia foi mellor e levouse os tres puntos con xustiza.

Na primeira metade vimos os mellores 30 minutos da temporada por parte numantina. Combinacións de todo tipo, en curto en longo, polo centro e tamén polas bandas. Ocasións varias como o lanzamento de falta de Julio ao pau, ou dous remates de Paulo, un de Borja e outro de Manu que atoparon as boas intervencións de Monty. A superioridade do Numancia reflexouse no marcador cos goles de Teti e Chapu que establecían o 2  - 0. Os feneses pouco protagonismo tiveron nesta primeira metade na que tiveron unha ocasión clara na que reclamaron un gol fantasma que nas fotos finish da cámara fotográfica de Prados Vellos (non está trucada) demóstrase que non entrou o balón totalmente na portería, polo que o colexiado Télmo Pérez acertou nesa complicada decisión. Con algo de polémica e vitoria clara do Numancia chegabamos ao descanso.

Na reanudación o partido comezaba con intercambio de golpes. O Perlío atopábase con Carlos en varias ocasións e Borja non era capaz de sentenciar o partido para o Numancia. No tramo final do partido o Perlío quería pero non podía atopar o empate xa que o traballo defensivo do Numancia era excelente. Os numantinos mesmo poideron conseguir un marcador mais amplio pero as claras ocasións da segunda metade non entraron, polo que o resultado ao final do partido era o de 2 - 0 favorable ao Numancia.

En resumo, gran encontro do Numancia a nivel ofensivo na primeira medate na que pasou por encima dun dos equipos a priori mais fortes da categoría, o Perlío. Na segunda parte con cabeza, oficio e bo traballo defensivo conseguiuse gardar a roupa e conservar un resultado moi positivo para os nosos intereses.

En definitiva, quinta vitoria consecutiva do Numancia que aproveita o seu bo momento para situarse na 6ª posición da clasificación, no tren perseguidor dos equipos situados no mais alto da Segunda Autónomica. Queda visitar Mandía e recibir ao Ortigueira antes de rematar a primeira volta e coller as vacacións de Nadal. Sen dúbida dous exames esixentes para pechar o 2014. Un par de partidos importantes que poden marcar o camiño a seguir `polo Numancia na segunda volta da competición. Coa confianza, cabeza e ilusión destos últimos cinco partidos o Numancia pode chegar a calqueira parte. ¡¡¡Toca seguir así¡¡¡ O próximo domingo as 16:00 no campo de Boavista de Mandiá a Marea Vermella ten unha cita ineludible co noso equipo. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

O Numancia somos tod@s

"La unión hace la fuerza"

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.