AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 - CEBARCA, 1.

SEGUIMOS SUMANDO


Partido correspondente a 10ª xornada da Segunda Autonómica grupo 4 disputado na tarde do domingo en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.


Ares 16 de novembro de 2014.


FICHA TÉCNICA:


NUMANCIA: Carlos, Martín (Álvaro 76´), Berto, Antón, Pepe (Paulo 63´), Teti (C), Julio (Isma 89´), Adrián, Manu (Pedrós 69´), Borja (Roque 83´) e Ángel.


Adestrador: Marcos Amor Roel.


2º adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.


Delegado: Jose Ramón Hermida Varela.


UD CEBARCA: Carlos, Óscar, Kevin, Juan, Rubén (Nelson 75´), Roberto, Ángel, Eddi, Carlos (C), Richard e Aitor (Esteban 75´).


Adestrador: Roberto Miguel González Romero.


Delegado: Óscar Mourente Rodríguez.


COLEXIADO: D. Pablo Formoso Díaz. Amoestou a Antón, Teti, Martín, Berto e Borja no Numancia. Polo Cebarca amonestou a Óscar, Aitor, Kevin e Roberto.


GOLES:


1 - 0 (JULIO) Penalti cometido sobre Borja que transforma Julio, (minuto 17).


1 - 1 (RICHARD) Balón solto que recolle Richard para batir a Carlos dende media distancia, (minuto 59).


2 - 1 (ADRIÁN) Centro dende banda esquerda que rexeita a defensa local. Adrián moi atento entra dende segunda línea e anota o segundo para o Numancia, (minuto 63).


CRÓNICA:


Tarde con choiva, vento e algo de frío en Prados Vellos. Pese a iso foron bastantes os aficionados que subiron a Prados Vellos para ver un partido no que o Numancia venceu con algunha que outra dificultade ao colista da categoría, a UD Cebarca.


Na primeira metade dominio claro do Numancia xa dende os primeiros instantes. No minuto 10 Manu enviaba un balón moi cerca da portería visitante cando estaba diante do porteiro. No 17 nunha falta lateral Óscar derribaba a Borja e Pablo Formoso sinalaba penalti. A pena máxima era convertida en gol por Julio establecendo o 1 - 0. Os numantinos seguiron co dominio e boas triangulacións na parte ofensiva na primeira metade ante un Cebarca sorpresivamente blando e algo entregado. Foi unha mágoa que os homes de ataque non estiveran mais acertados de cara a gol para así deixar o partido sentenciado no descanso.


Na reanudación seguía a emoción no resultado co 1 - 0. O Numancia saiu dominando na primeira metade, pero os de Cerdido moito mais agresivos e metidos no partido nesta segunda parte compricaban as cousas aos numantinos con xogo directo sobre o espigado dianteiro Carlos ou buscando a velocidade de Aitor. No minuto 59 Richard establecía o 1 - 1 nunha xogada desafortunada para a zaga local. Pronto reaccionaba o Numancia e no minuto 63 un dos goleadores deste ano, Adri anotaba o 2 - 1. No último tramo de partido apareceron con moita forza a choiva e o vento. Con temporal e luz artificial o partido foise perdendo en interrupcións, volvéndose brusco e con pouco xogo. Iso en certa medida favoreceu a un Numancia que nunca perdeu a cara ao partido e que conservou con algo de oficio e un pouco tamén de sufrimento a vantaxe no marcador chegando o final do partido co resultado favorable de 2 - 1 para os nosos.


En resumo, partido no que o Numancia tivo momentos de xogo moi vistoso sobretodo na primeira metade pero no que a falta de acerto de cara a gol propiciou que houbera emoción no resultado ata ó final. O importante nestos momentos e nestos partidos compricados ante rivais correosos con choiva e vento e conseguir tres puntos e que non teñamos que lamentar lesións. Obxetivo cumprido, seguimos sumando. Salientar tamén a participación neste partido do recuperado Rubén Pedrós que resultara mancado na primeira xornada en Caranza. Sen dúbida unha nova peza do puzzle que aportará frescura e calidade na sala de máquinas numantina.


En definitiva, tres puntos moi importantes e segunda vitoria consecutiva que permite ao Numancia escalar ata o 8º posto da clasificación asentándose na zona media da mesma. O próximo domingo as 16:15 novo partido en Prados Vellos. Recibiremos a visita do penúltimo clasificado, a UD Narahío. Sen dúbida unha nova ocasión para intentar seguir escalando posición, sabendo que nesta categoría todos os partidos son compricados. Vémonos tod@s o próximo domingo en Prados Vellos.


O Numancia somos tod@s.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡


Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.


 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.