AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 – AS PONTES “B”, 2.

O LÍDER SUFRIU EN PRADOS VELLOS


Partido correspondiente a 8ª xornada da Segunda Autonómica grupo 4 disputado na tarde do domingo en Prados Vellos que rexistrou unha boa entrada.


Antes de comezar o partido, o representante das Bodegas Murillo Viteri, Alejandro Pérez fixo entrega do premio ao xogador mais regular do Numancia no mes de outubro ao xoven centrocampista Adrián Rodríguez. ¡¡¡Noraboa Adri¡¡¡


Ares 2 de novembro de 2014.


FICHA TÉCNICA:


NUMANCIA: Carlos, Antón, Berto, Pepe (Martin 65´), Manu, Paulo (Fernando 61´), Juan (Teti 55´), Adrián (Amenedo 78´), Borja, Julio (C) (Marcelo 61´), e Ángel.


Adestrador: Marcos Amor Roel.


2º Adestrador: Manuel Cartelle Permuy.


Delegado: José Ramón Hermida Varela.


CD AS PONTES "B": Rafa, Sergio, Ross, Totti, Darío (Adán 46´), Carlos, Lucho (Rubén 46´), Juan (Esteban 72´), Marcos (C), Javi e Nando.


Adestrador: Marcos Roca Ledo.


Delegado: Ángel Barro Porto.


COLEXIADO: D. Alejandro Miño Pico. Amoestou no Numancia a Juan, Julio, Antón, Berto, e Cartelle (2º adestrador). Por parte visitante foron amoestados Ross, Sergio, Carlos, Rubén e Javi. Foi expulsado o numantino Borja por dobre cartón amarelo.


GOLES:


0 - 1 (MARCOS) Balón dividido que Carlos non é capaz de atallar deixando o balón solto para Marcos que anota a porta baleira (min. 10).


0 - 2 (MARCOS) Pérda de balón de Pepe que aproveita Marcos para anotar de vaselina ante a saída de Carlos (min. 44).


1 - 2 (FERNANDO) Barullo na área pontesa que termina cun centro dende banda dereita hacia Fernando que envía o balón ao fondo das mallas (min. 85).


CRÓNICA:


No día de Difuntos visitaba Prados Vellos o líder da 2ª Autonómica, o filial pontés que conta nas suas filas con xogadores que compiten actualmente na Terceira División como Javi e con moitos xogadores con experiencia na Liga Nacional de xuvenís. Un equipo xoven como o noso Numancia. Un Numancia que deu unha boa imaxe ante o líder e que caeu derrotado soamente por culpa dos seus propios erros infantís.


Na primeira metade os numantinos sairon moi ben posicionados no campo, dificultando desa maneira que os xogadores de calidade do equipo pontés levaran perigo ante a portería de Carlos. O perigo e as ocasiósn mais claras foron do Numancia, especialmente a balón parado. Cantábase o gol nun libre directo que Borja lanzou cerca da escuadra e onde o gran porteiro visitante Rafa voaba para desvíar o balón a córner. Pero os que cantaron o gol e por duas veces foron os da vila mineira. No minutos 10 e 44 Marcos Novo aproveitaba sendos agasallos de Carlos e Pepe para facer que o marcador ao descanso reflexara un sorprendente pero claro 0 - 2 favorable ao As Pontes "B". ¡¡¡Ánimo Carlos e ánimo Pepe¡¡¡ Nesto do fútbol todos os que participan dalgunha maneira están expostos a equivocarse.


Na segunda metade saía coa sensación de que podía buscar o empate sempre e cando seguira xogando como na primeira metade, pero...... ¡¡¡Bomba¡¡¡ No minuto 48 chegaba a polémica xa que a parroquia local reclamaba penalti. O problema foi cando varios xogadores do Numancia rodeaban ao colexiado para reclamar a pena máxima. ¡¡¡Error¡¡¡ O señor Miño Pico quentouse, sacou a metralleta e comezou a repartir cartóns amarelos a diestro e siniestro aos rebeldes xogadores que vestían camiseta vermella. O de Borja era o segundo da tarde polo que resultou expulsado. ¡¡¡Vaia panorama¡¡¡ Despois de esa expulsión o partido quentouse, chegando os piques, insultos e os enfados que pagaban as resistentes portas de Prados Vellos (moito aguantan). Por suposto o señor colexiado seguía amosando cartóns a todo aquel que non se portaba ben. Preto do minuto 60 volvía o fútbol a Prados Vellos (como si dun apagón se tratase) e os nosos xogadores cando se centran en xogar ao fútbol saben facelo. Con 10 xogadores puxeron en serios apretos aos visitantes con varias ocasións de gol. Un gol que chegaba no minuto 85 por medio de Fernando. Era o 1 - 2 que resultaba inamovible pese aos intentos dos numantinos nos últimos minutos por conseguir cando menos un punto. Non poido ser.


En resumo, tres puntos para un CD As Pontes "B" mais serio e práctico que o Numancia neste partido. No fútbol non sempre vence o que mais ocasións crea, as veces tamén gaña o que mellor as aproveita e o que mais cabeza ten.


En definitiva, un partido onde nos queda a dúbida de que pasaría na segunda metade si xogaran 11 contra 11. Pero a xuventude é o que ten, e boa para unhas cousas e traicionera para outras. Agardemos que nos próximos partidos todo o positivo que se fai coas botas e co sudor da frente (que é moito pese aos malos resultados) non se perda pola boca nin polas cabezas tolas (que tamén son moitas). Con paciencia, saber estar e co mesmo compromiso e sacrificio que amosa o equipo no que vai de temporada teñen que chegar mais vitorias. Agora ven o derbi co G. Mugardos "B" antes de afrontar varios partidos consecutivos cos rivais situados como o Numancia na zona baixa da clasificación.


Polo tanto, a MAREA VERMELLA ten que invadir A Pedreira o próximo domingo 9 de novembro, ás 16:15 h, . Nas duras e nas maduras.... somos a mellor aficción da Segunda Autonómica. O próximo domingo chega un dos partidos mais agardados da temporada, o Galicia de Mugardos "B" - Numancia polo que A Pedreira ten que ser vermella para axudar ao Numancia a recuperar as boas vibracións. ¡¡¡Temos tod@s unha cita en Mugardos o próximo domingo¡¡¡ A quentar palmas e gorxas....


"Para jugar al fútbol no tienes que ser el mejor, solo amar al fútbol" (Andrea Pirlo).


O Numancia somos tod@s


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡


Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.