AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - SAN MATEO, 3.

NUBES E CLAROS

Partido correspondiente a 6ª xornada de liga da Segunda Autonómica grupo 4º, disputado na tarde do domingo no campo de Prados Vellos con gran presencia de público.

 

Ares 19 de outubro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Carlos, Álvaro (Pepe 46´), Antón (C) (Julio 46´), Berto (Amenedo 79´), Martín, Paulo, Adrián, Juan (Isma 81´), Fernando (Jesús71´), Manu e Borja.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º Adestrador: Manuel Cartelle Permuy.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

SAN MATEO: David, Jorge Ramil (Alfonso 48´), Pablo (Julián 57´), Turu, Eloy, Rubén Dopico (Pacheco 46´), Bruno, Josimar, Edu Morocho (Alberto 46´), Javi (C) e Nené.

Adestrador: Miguel Mourente López.

Delegado: Roberto Naveiras González.

COLEXIADO: D. Brais Ferreiro Vérez. Amoestou a Juan e Julio no Numancia e a Edu Morocho, Josimar, Bruno e Nené no San Mateo.

GOLES:

0 - 1 (BRUNO) Balón á espalda da defensa do Numancia que aproveita Bruno para batir a Carlos de disparo cruzado (minuto 4).

1 - 1(ADRIÁN) Balón colgado á área visitante, Manu asiste a Adrián para que éste supere a David por alto (minuto 30).

1 - 2 (ELOY) Falta lateral sacada por Josimar que remata Eloy de cabeza libre de marca no punto de penalti, (minuto 35).

1 - 3 (JAVI) Xogada de contraataque do San Mateo na que Javi recolle un rechace de Carlos para anotar o terceiro (minuto 65).

CRÓNICA:

Nunha tarde agradable de outono presentábanse Numancia e San Mateo ante o numeroso público de Prados Vellos co obxetivo de buscar a vitoria. Os aresáns buscaban a terceiro triunfo consecutiva para achegarse a parte alta da clasificación. Os naroneses buscaban tres puntos para seguir arriba; algo que conseguiron.

Nos primeiro tramo do partido clara superioridade visitante. Un San Mateo práctico que roubaba balóns e os enviaba aos seus veloces extremos Bruno e Nené. Precisamente Bruno sería quen inaguraba o marcador no minuto 4, establecendo o 0 - 1. Transcurridos 20 minutos o Numancia foi igualando o partido e comezaba a chegar a portería de David. Adrián no minuto 30 anotaba o 1 - 1. Pouco durou a ledicia local xa que no minuto 35 Eloy aproveitaba unha xogada a balón parado para facer o 1 - 2. Con moito centrocampismo, tensión e brusquedades chegabamos ao descanso.

Na segunda metade o técnico local trocou xogadores e sistema táctico. Os primeiros 15 minutos da reanudación foron do Numancia que ben poido conseguir o empate. Manu e Borja tiveron claras ocasións pero o gardarrede David e a defensa visitante evitaron a igualada. Cando mellor xogaba o Numancia o visitante Javi anotaba o 1 - 3 no minuto 65 aproveitando unha boa triangulación nunha xogada de contraataque. Ese gol fixo moito dano ao Numancia que non tivo opción de volverse a meter no partido ante un San Mateo sólido que defendeu o resultado sen moitas complicacións ata o final do encontro.

En resumo, partido intenso e disputado entre Numancia e San Mateo. Os visitantes con sólidez, agresividade e velocidade conseguiron vencer en Prados Vellos a un Numancia inocente, impreciso e demasiado nervioso neste envite.

Toca pensar xa no próximo compromiso. Agardando que pouco a pouco os xogadores mancados vaian entrando no equipo e que éste volva o camiño das vitorias. O vindeiro partido será o domingo en Cariño ante un equipo situado na zona baixa da clasificación pero que conta cun equipo con xogadores sobradamente contrastados no fútbol de modestos.

¡¡¡Vémonos en Cariño o próximo domingo¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.


 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.