AFECCIONADOS. XXVII TROFEO CONCELLO DE ARES. NUMANCIA, 0 - G. MUGARDOS, 5.

BO TRABALLO ANTE UN RIVAL SUPERIOR

Partido correspondente o XXVII Trofeo Concello de Ares disputado na tarde do domingo en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 



Ares, 17 de agosto de 2014.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Carlos, Martín, Antón, Alberto, Álvaro, Teti (C), Adrián, Julio, Manu, Pita e Borja. Tamén xogaron: Xaime, Darío, Amenedo, Pepe, Paulo, Juan, Fernando, Chapu, Roque e Miguelito.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º Adestrador: Manuel Cartelle Permuy.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

GALICIA DE MUGARDOS: Marcos, Termi, Adrián, Manel, Jorge, Fran Gordillo, Popo, Alex Pérez, Bruno, Pablo e Carba. Tamén xogaron: Monti, Berto, Permuy, Kevin, Dani Ramos e Alex Díaz.

Adestrador: Antonio López "Stili".

2º Adestrador: "Ferchi".

Delegado: Nicolás Barcia "Colás".

COLEXIADO: D. Antonio Belizón Flores. Sen incidencias; pasou desapercibido.

GOLES:

0 - 1 (ALEX PÉREZ) Disparo de Carba que rexeita Carlos, pero o rexeite e aproveitado por Alex Pérez para remachar o balón a porta valeira, (minuto 38).

0 - 2 (PABLO) Centro de Pablo dende a dereita que sorprende a Xaime tras tocar nas costas de Julio, (minuto 47).

0 - 3 (PERMUY) Pase dende a dereita para Permuy que anota por baixo ante a oposición de Amenedo e o porteiro local (minuto 75).

0 - 4 (PERMUY) Magnífica xogada individual de Permuy que él mesmo finaliza en gol, (minuto 78).

0 - 5 (PERMUY) Centro dende a banda dereira que Permuy materializa en gol cun bonito cabezazo, adiantándose o porteiro o local (minuto 80).

 

 



Volvía a rodar o balón para o Numancia de modestos. O primeiro equipo estreábase na temporada 2014-2015 ante un rival de Preferente Autónomica, dúas categorías mais ca do Numancia; o Galicia de Mugardos.

Na primeira metade bo papel do Numancia ante un Galicia dominador do balón e que tiña o control do partido. A boa intensidade defensiva numantina acompañada dun gran esforzo físico e moito sacrifico anulaba a calidade e maior velocidade dos de Mugardos. Os verdes levaban perigo a balón parado en sendos libres directos de Pablo; no primeiro Carlos fixo unha gran parada, namentras que o segundo marchouse fora. Tamén Pablo tería unha boa ocasión nun cabezazo que non atopou ó gol. Os vermellos do Numancia defendían con orde e saían ao contraataque sen excesivo perigo pero con moito entusiasmo o que provocaba os aplausos do respetable. Co resultado de 0 - 1 chegabamos ao intermedio.

Na segunda metade chegaba o 0 - 2 nos primeiros minutos por medio de Pablo, nunha xogada desafortunada para os de Ares. O Numancia intentaba reaccionar por medio dun disparo alto de Manu e dun cabezazo de Pepe que sacaban os xogadores do Galicia na línea de gol. Co paso dos minutos foron chegando os numerosos cambios en ambos equipos propios destos partidos de pretemporada. O maior poderío físico dos visitantes moito mais rodados a estas alturas da temporada que o Numancia impúxose en Prados Vellos. O aresán Alex Permuy anotaba tres goles mais para o Galicia de Mugardos. Tivo Chapu a oportunidade de facer o gol da honra para o Numancia pero o seu cabezazo atopouse co travesaño. Polo tanto o resultado final foi o de Numancia de Ares 0 Galicia de Mugardos 5.

Unha vez finalizado o partido, o delegado federativo da Federación Galega de Fútbol en Ferrol, D. Manuel Mesa fixo entrega do trofeo de subcampión ao Numancia, e o Concelleiro de Deportes do Concello de Ares, D. Jose Juán Vilar o de campión ao Galicia de Mugardos.

En resumo, bonito e disputado partido o xogado por aresáns e mugardeses nunha calurosa e asollada tarde de agosto en Ares. Os aresáns un equipo este ano moi xoven (media de idade de 23 - 24 anos) fixeron un bo traballo ante un Galicia de Mugardos formado por moitos e bos xogadores de toda a comarca de Ferrolterra e que está chamado a facer un bo papel na Liga de Preferente Autonómica que comeza en dúas semanas. Agradecer o Galicia de Mugardos a sua asistencia a este Trofeo Concello de Ares e desexarlle moita sorte para esta temporada 2014-2015.

En canto ao Numancia, toca seguir traballando e apoiando a este grupo de rapaces comprometidos e unidos. Estos xoves aresáns, complementados con algúns rapaces de fora, que levan con nos algúns anos, manisfestando un tras outro o seu comprometidos co club, serán os que defendan a camiseta vermella do Numancia durante toda a temporada, polo que a Marea Vermella debe acostumarse as novas caras. Toca apoiar a este grupo de rapaces que en cada adestramento e partido darán o 100 por 100 polo Numancia para seguir crecendo e conseguir bonitos logros. Toca seguir traballando.

Os próximos partidos do Numancia serán o xoves 21 de agosto as 20:00 en Prados Vellos ante a SD Orillamar de A Coruña e o domingo 24 de agosto as 18:30 ante o Meirás CF tamén en Prados Vellos; ambos equipos de Primeira Autonómica. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

"El entusiasmo, es el pan diario de la juventud" - (Pearl S. Buck)

¡¡¡O Numancia somos tod@s¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.