AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - CARIÑO, 2.

FIN DE TEMPORADA

Partido correspondente aos 1/8º de final da Copa de Ferrolterra disputado na tarde do domingo en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 



Ares, 25 de maio de 2014.

Antes de dar comezo ao partido gardouse un respetuoso minuto de silencio en recordo de D. Juan Iglesias Nuñez "Taino" que fora xogador e adestrador do Numancia, e que tristemente nos deixaba esta semana. Descanse en paz.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Carlos, Álvaro, Alex Costa (Chapu 81´), Rubén (Martín 69´), Antón, Teti (C), Julio (Paulo 70´), Borja, Manu, Alex Pita (Fernando 70´) e Javi Rubio.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

CARIÑO: Yago, Adán (Brais 69´), Fol, Aneiros, Janeiro, Dorado (Álvaro 71´), Perlero (C), Nilis (Rusti 45´), Rubén, Alejandro e Pana (Manuel 68´).

Adestrador: Jonathan Quintiana Orizales.

Delegado: Carlos Yañez Quiza.

COLEXIADO: D. Rodrigo Serrano Naveiras. Amoestou a Paulo, Álvaro e Teti no Numancia. Polo Cariño foron amoestados Fol, Rubén, Adán e Dorado.

GOLES:

0 - 1 (DORADO) Balón colgado sobre a área numantina que remata Dorado (minuto 6).

0 - 2 (ADÁN) Centro dende a banda dereita que remata Adán ante a oposición de Carlos (minuto 55).

1 - 2 (CHAPU) Balón colgado sobre a área visitante que remata Chapu tras varios rexeites (minuto 90).

CRÓNICA:

Gran ambiente en Prados Vellos con moita presenza de seguidores visitantes nunha magnífica tarde de sol en Ares. Numancia e Cariño querían avanzar na Copa e buscaron o pase a cuartos de final nun vibrante partido nos que os de Ortegal sairon vitoriosos.

Na primeira metade comezou moito mellor o Cariño e xa nos primeiros minutos viron como se lles anulaba un gol. Na seguinte acción de ataque dos visitantes Dorado conseguía o 0 - 1. Tiveron mais ocasións os de Cariño no primeiro tramo de partido pero por sorte non estiveron atinados. A media hora de xogo comezou a espertar o Numancia. Os xogadores de ataque foron carburando e levando algo de perigo a portería defendida por Iago. Con este panorama chegabamos ao descanso.

Na reanudación, Adán conseguia o 0 - 2 no minuto 55. Nese minuto comezou un novo partido. O Numancia comezou a ter o dominio do esférico e a lanzar ataques. No minuto 70 Marcos Amor movía fichas e poñía toda a carne no asador. No último tramo de partido volcouse o Numancia sobre a portería do Cariño. Pero unhas veces a sólida defensa visitante, outras veces o inspirado gardarredes Iago ou os postes da portería impedían os goles numantinos. No minuto 90 Chapu conseguía o 1 - 2 que daba esperanzas para ó desconto. Na última xogada do partido Javi Rubio tivo o empate pero o seu lanzamento marchouse alto. ¡¡¡Unha mágoa¡¡¡

En resumo, emocionante e disputado partido o xogado en Prados Vellos por Numancia e Cariño. É xusto felicitar ao CD Cariño polo seu pase aos cuartos de final de Copa e desexarlle moita sorte.

En definitiva, fin de temporada para o Numancia. 5º clasificado na 2ª Autonómica e eliminado en 1/8º de final da Copa de Ferrolterra. Mais que aceptable temporada dun grupo de xogadores xóvenes e da casa que de seguro irá a mais co paso do tempo.

Agradecer aos xogadores e corpo técnico o seu traballo e dedicación durante a temporada.

Agradecer de forma especial a todos e todas os afeccionad@s que domingo tras domingo acompañaron ao Numancia nesta temporada 2013-2014. Estamos moi orgullosos da nosa Marea Vermella.

Agora é tempo de planificar unha nova temporada e coller unhas boas vacacións para comezar a pretemporada nos primeiros días de agosto.

¡¡¡MOITAS GRACIAS A TOD@S¡¡¡ Ata a próxima temporada.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.