AFECCIONADOS. NUMANCIA, 0 - CARIÑO, 1.

UNHA MALA TARDE

Partido correspondente a 26ª xornada da 2ª Autonómica de Ferrolterra disputado na tarde do domingo en Prados Vellos ante un gran número de aficionados de ambos equipos.

 

Nos prolegómenos do partido, foi entregado o trofeo Murillo Viteri como mellor xogador do mes de marzo a Dani Bule por parte do representante de Adega Murillo Viteri en Ferrolterra, Manel Pérez; quen nesta ocasión estivo acompañado polo seu amigo persoal, Manolo Canto, ex - adestrador durante moitos anos do CD Cariño e un emblema no fútbol de Ortegal

 

Ares, 6 de abril de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Carlos, Álvaro, Antón, Rubén, Alex Costa (Chapu 58´), Teti (C), Adrián, Jesús (Martín 72´), Manu (Alex Pita 58´), Paulo (Fernando 58´) e Brayan.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: Jose Antonio Couce Iglesias.

CD CARIÑO: Iago, Maseda (Pana 46´), Fol, Janeiro, Rusti (Aneiros 66´), Alvelo (C), Perlero, Alex, Dorado (Rubén 54´), Damián (Manuel 46´) e Adán (Kilian 60´).

Adestrador: Jonathan Quintana Orizales.

Delegado: Carlos Yañez Quizá.

COLEXIADO: D. Alejandro Méndez Bouza. Amoestou a Rubén e Fernando no Numancia.

GOLES:

0 - 1 (PANA) Centro dende a banda dereita do ataque visitante que remata Pana de semi - volea dende a dereita da área numantina, (minuto 83).

 



CRÓNICA:

Recibía o Numancia a un CD Cariño que viña con ganas de desquitarse da derrota da primera volta. Os numantinos buscaban a terceira vitoria consecutiva para alcanzar o terceiro posto da clasificación. Os de Ortegal, que combinan xogadores veteranos e con experiencia en 1ª Autonómica como Perlero ou Miguel Alvelo con xuventude estiveron mellor neste partido e leváronse os tres puntos para Cariño.

Na primeira medade o dominio dos visitantes foi patente dende o principio. A maior intensidade, ritmo e ganas de xogar o fútbol dos visitantes viuse traducido en varias ocasións de gol nas que os seus atacantes non estiveron afortunados. A mais clara foi unha vaselina de Perlero sobre Carlos que marchou lixeiramente por enriba do travesaño. En canto ó Numancia poucas noticias do mesmo na primeira metade, soamente un tiro de Manu desviado e unha xogada dos irmáns Antón e Paulo González (ensaida previamente na casa) foron o escaso perigo dos numantinos nesta primeira parte.

Na reanudación, mellorou a imaxe do Numancia. No minuto 50 os aresáns levaban perigo con dous saques de esquina consecutivos. No minuto 58 chegaba un triple cambio por parte de Marcos Amor. Cambio de sistema que sorprendeu o Cariño xa que nada mais facer os cambios unha boa xogada colectiva foi rematada por Jesús sen acerto. Tamén Brayan desaproveitaba un man a man co porteiro Iago. ¡¡¡Foi un espellismo¡¡ No último tramo novamente vimos un Numancia ramplón e sen demasiado entusiasmo. Pola sua parte o Cariño chegoulle con manter a sua boa predisposición no campo para seguir levando perigo. Carlos facía unha espectacular parada a disparo dun xogador visitante. No minuto 83 Pana facía o 0 - 1 finalizando unha xogada ofensiva dos de Ortegal. Co resultado de 0 - 1 e desesperación numantina chegábase o final do encontro.

En resumo, partido intenso e cargado, marcado tamén pola calor primaveral e bochornosa nesta tarde de primavera en Ares. Os de Cariño tiveron mais sacrificio e intensidade e conseguiron anotar o único gol do partido; polo tanto levaron os tres puntos con merecemento. ¡¡¡¡Noraboa¡¡¡

A CLAVE: A maior intensidade, frescura e predisposición para xogar o fútbol (cando menos no día de hoxe) dos visitantes.

O PEOR: A falta de intensidade, ritmo e frescura dos numantinos. Non foi a mellor tarde dos nosos xogadores; as cousas unhas veces non sairon e outras (isto preocupa mais a Marea Vermella) nin se intentaron.

O MELLOR: O gran nivel amosado no día de hoxe polo gardaredes Carlos Arnoso, demostrando que estando en plena forma e un dos mellores gardaredes da categoría. Os 90 minutos xogados polo xuvenil Adrián Rodriguez, demostrando que a canteira sigue medrando día a día. A Marea Vermella, que acudiu en masa a Prados Vellos e animou ata o final. (Nas derrotas tamén hai cousas positivas)

En definitiva, derrota que non debe facer moito dano a un grupo de xogadores e corpo técnico que están a facer unha gran competición de Liga. Quedan 4 xornadas, Capela e Mandiá como visitantes e Narahío e Cedeira como locais. Nestas 4 xornadas o Numancia buscará terminar a Liga na 3ª ou 4ª plaza da clasificación (zona Champions); sería un bo premio a unha boa competición e unha forte inxección de moral de cara a afrontar a competición de Copa.

A vindeira semana teremos un duelo directo pola 3ª posición ocupada polo Capela, próximo rival dos numantinos. Unha vitoria o próximo domingo no campo de Os Calzados podía ser determinante para terminar a competición de Liga nos primeiros postos. Polo tanto toca convocar a Marea Vermella o próximo domingo as 17:00 no campo de Os Calzados de A Capela para animar o noso equipo neste trascendental partido. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.