AFECCIONADOS. NUMANCIA, 4 - G. CARANZA, 1.

VITORIA CONTUNDENTE PARA COLLER MORAL

Partido correspondiente a 24ª xornada da 2ª Autonómica de Ferrolterra, disputado na tarde do domingo en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 


Ares, 23 de marzo de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Carlos (Cristian 80´), Álvaro, Bule, Rubén, Martín (Alex Costa 58´), Teti (C), Alex García, Javi Rubio (Chapu 70´), Fernando, Manu (Paulo 64´) e Brayan (Jesús 40´)

Adestrador: Marcos Amor Roel.

Delegado: Jose Antonio Couce Iglesias.

G. CARANZA: Víctor, Brais (Dani Moro 46´), Rafa, Isma, Priegue (Santi 46´), Pedro, David (Juanilo 69´), David Cantos, Aitor (Jesús 63´), Jomaka (Roi 46´) e Jorge.

Adestrador: Ángel Tenreiro Sanjuán.

Delegado: Francisco Ínsua Beade.

COLEXIADO: D. Daniel Calderón Pérez. Amoestou a Manu, Alex García, Brayan, Fernando, Javi Rubio e Álvaro no Numancia. Por parte do G. Caranza virón carton amarelo Priegue, Isma e Brais. Boa arbitraxe.

GOLES:

1 - 0 (JAVI RUBIO) Bonita internada de Brayan por banda esquerda que termina cun pase para Javi Rubio quen mete o balón entre un defensa e o porteiro visitante ó fondo da rede (minuto 17).

2 - 0 (JAVI RUBIO) Pase maxistral de Manu que habilita a Javi Rubio para marcar diante de Víctor (minuto 43).

3 - 0 (PAULO) Saque de falta preciso de Dani Bule o segundo palo onde aparece Paulo para marcar a pracer (minuto 76).

3 - 1 (PEDRO) Pedro Garrote de penalti (minuto 80).

4 - 1 (CHAPU) Envío longo de Carlos que pasa por enriba da defensa visitante. Chapu moi atento recolle o balón e anota (minuto 85).

 

 



CRÓNICA:

Numancia e Galicia de Caranza dábanse cita ante o numeroso público de Prados Vellos na tarde do domingo. Os numantinos querían a vitoria para recuperar sensacións e seguir na zona alta. Os de Xelo querían conquistar Prados Vellos e subir postos na zona media.

Nos primeiros minutos do partido saiu algo durmido o Numancia. Os visitantes tiveron achegamentos sobre a portería de Carlos que non aproveitaron. No minuto 17 Javi Rubio a pase de Brayan anotaba o 1 - 0. Despois do gol os numantinos terían claras ocasións por parte de Manu e Brayan que non atopaban o gol. No minuto 43 de novo Javi Rubio esta vez asistido por Manu facía o 2 - 0. Un resultado xusto que reflexaba o dominio numantino nesta primeira metade.

Na reanudación os visitantes adiantaban líneas e saían en busca do empate. O partido entrou nunha fase de bastante centrocampismo, con moitas interrupcións. Puido o Caranza acurtar distancias por medio de Roi cunha vaselina diante de Carlos, pero o cancerbeiro aresán toca o suficiente, e o balón estrelase no longueiro. Pouco despois sería Jesús quen dispararía axustado a base do pau curto, pero Carlos respondeu cunha gran parada enviado a córner. No minuto 76 Paulo aproveitaba un bo balón de Bule a lanzamento de falta e anotaba 3 - 0. Catro minutos despois Pedro Garrote establecía de penalti o 3 – 1. E Chapu a cinco minutos do tempo regulamentario facía o 4 – 1 definitivo.

En resumen, partido bonito e disputado por Numancia e Galicia de Caranza. O Numancia foi mellor no cómputo total dos 90 minutos; polo que a vitoria local foi clara e contundente nunha tarde con nubes e claros en Prados Vellos.

A CLAVE: O bo traballo da maquinaria de xogo numantina; con Teti, Alex García e Javi Rubio como donos do partido no centro do campo.

O MELLOR: Os bos momentos de xogo por parte do Numancia e a eficacia dos homes mais adiantados do equipo.

O PEOR: O exceso de nerviosismo nalgúns momentos puntuais do partido que xoga a veces malas pasadas no individual e no colectivo.

En definitiva, vitoria importante e necesaria para un Numancia que recupera sensacións e que se atopa 5º clasificado con 39 puntos a 2 puntos do 3º clasificado o CD As Pontes "B que ten 41 puntos. Alcanzar o pódium da competicion e o bo traballo semana a semana para chegar na mellor forma posible son os obxetivos do Numancia de aquí o final da temporada. Co apoio da Marea Vermella e coa imaxe amosada hoxe polo equipo estamos seguros que se poden conseguir.

O próximo domingo o Numancia visitará o campo de herba artificial de A Gándara en Ferrol. Alí espera o Ánimas, un equipo situado na zona media - baixa da clasificación e que no partido de ida conseguiu un empate en Prados Vellos. Marea Vermella na Gándara o próximo domingo. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.