Inicio Noticias Afeccionados Afeccionados: Numancia, 3 - Rosalía, 1
 
 

Afeccionados: Numancia, 3 - Rosalía, 1

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2013-2014. Numancia, 3 - Rosalía de Vilaboa, 1. Prados VellosNon hai rival pequeno

Vitoria por 3-1 do conxunto de afeccionados na tarde do domingo en Prados Vellos fronte o Rosalía de Vilaboa, conxunto que conseguiu irse ó remate do primeiro tempo con vantaxe no marcador de 0 - 1. 


Antes do comezo do encontro gardouse un respetuoso minuto de silencio en memoria de D. Manuel Candocia; presidente da UD Somozas falecido o pasado fin de  semana.

Prados Vellos, 26/01/2014

Aliñacións:

Numancia: Carlos (Cristian), Amenedo (Alex García), Antón, Alberto, Pepe, Teti (C), Manu, Julio, Javi, Alex Pita (Chapu) e Fernando (Marcelo).

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º Adestrador: Manuel A. Cartelle Permuy.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

Rosalía: Bruno, David, Alan, Adri, Mesi, Carlos (C), Juanmy (Ivi), Samuel, Dani (Esteban), Miguel (Rubi) e Kon (Alberto).

Adestrador: José Carlos Teijeiro Freire.

Delegado: José A. Castro Casal.

Árbitro: D. Martin Zakaryan, amosou cartóns amarelos para os locais Manu, Julio e Javi e para os visitantes Dani, Adri, Samuel, Carlos e David. Amosou tamén cartón vermello ó adestrador visitante.

Goles: Javi, Alex Pita e Julio para o Numancia. Miguel para o Rosalía.

0-1: (16') Miguel. Falta no frontal da área local lixeiramente escorada a dereita. Miguel lanza por fora da barreira e o balón entra o rente do pau dereito.

1-1: (71') Javi. Falta no frontal da área visitante. Javi dispara contra a barreira e o rexeite o aproveita el mesmo para poñer o balón no pau dereito da meta de Bruno acadando o empate.

2-1: (80') Alex Pita. Asistencia de Javi a Alex Pita dende medio campo e adiantándose a defensa con rapidez eleva o balón por encima da saída de Bruno.

3-1: (88') Julio. Xogada de Javi pola esquerda con chegada a liña de fondo o centro ó pico da área pequena e rematado por Julio preto do pau dereito da meta rival. 

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2013-2014. Numancia, 3 - Rosalía , 1. Prados VellosA pesar de ser cuarto pola cola o conxunto do Rosalía amosou máis dificultades das inicialmente esperadas. O conxunto de Vilaboa non tiña reparo en usar os balóns longos e sacarse de enriba o balón cada vez que os locais tentaban chegar a porta.

Así nos primeiros 15 minutos non se rexistraron ocasións de moito perigo en ningunha das dúas áreas. No minuto 16 unha falta permitiría os visitantes adiantarse no marcador e as presas comenzarían no bando local que víronse contaxiados do xogo visitante e comezaron a buscar pelotazos que facilitaba as cousas ós visitantes.

O Rosalía estaba a facer o seu encontro, defendendo e buscando algunha contra, mentres os locais renunciaban por completo ó xogo de combinación, arriscando en defensa e facilitando as contras visitantes. Así no minuto 34 un despexe en longo da defensa do Rosalía permite a Miguel encarar a meta local e cando estaba a piques de disparar a porta a rápida intervención de Alberto desfai o perigo.

Reacciona o Numancia ó minuto seguinte cun balón dende a esquerda que remata dende dentro dá área Julio cara ó pau dereito e o meta visitante Bruno envía nunha boa intervención o balón a saque de esquina.

Sen moito máis perigo chegouse o descanso coa vantaxe visitante. Na segunda metade o Numancia saíu máis asentado e comezou a xogar. Achegouse con perigo á área visitante e forzou unha falta no minuto 61. Xogada moi similar ó primeiro tanto visitante, neste non foi gol directo senon que sería o rexeite o aproveitado por Javi para anotar.

O Rosalía non se veu abaixo e seguiu pelexando, dous minutos máis tarde terían unha ocasión para poñerse por diante cun balón centrado dende a esquerda que pasease pola área local sen que ninguén chegue a rematalo ou despexalo.

Pouco a pouco os locais foron comendo terreo e achegábanse á meta visitante. No minuto 67 unha falta moi protestada por parte do adestrador visitante remata coa expulsión de este último.

Ata o 80 non chegaría o segundo tanto local. Asistencia de Javi a Alex Pita dende medio campo e adiantándose a defensa con rapidez eleva o balón por encima da saída de Bruno. O Rosalía tentouno ata que unha xogada de Javi pola esquerda con chegada a liña de fondo e centro ó pico da área pequena e rematada por Julio preto do pau dereito da meta rival. Era o minuto 88 e os locais conseguían pechar o encontro.

O Rosalía puxo moi difícil a vitoria ós locais que unha vez máis tiveron que contar coa axuda de tres xogadores xuvenís. Os locais fixeron mellor a segunda parte cando se dedicaron a buscar o xogo sen precipitarse. O Rosalía plantou cara pero sobráronlle os dez últimos minutos para levarse algo positivo de Prados Vellos.

O adestrador local deunos o titular desta crónica ó resumir o encontro cun tópico  do fútbol pero que é cen por cen certo para este encontro "Non hay rival pequeno".

Para Marcos a clave do encontro foi "Deixar de xogarse de forma directa e pasar a xogar combinativamente que e como sabe facer este equipo. Xa que cando nos dedicamos a xogar directo perxudicámonos nos e favorecemos ós equipos rivais."  

Na súa opinión o encontro fronte o Rosalía foi: " Un partido que se esperaba complicado e asi foi,  sabiamos polo partido da primeira volta que era un equipo moi disciplinado e ben traballado física e defensivamente, tamén sabiamos que o Rosalia levaba os últimos 4 partidos perdendo nos ultimos minutos. Durante os primeiros 45 minutos fixemos un xogo directo que beneficiaba ó Rosalia xa que para defender o resultado era o máis cómodo. Despois de falalo no vestiario o equipo dedicouse a intentar xogar o balón combinativamente e empezaron a chegar as mellores ocasións."

Tamén destacou: "Salientar o partido dos xuvenís que en todo momento demostraron a sua valía e que están ahí para cando o equipo os necesita.  E unha vez máis darlle as grazas a afección que novamente demostrou pese a tarde de chuvia que está do noso lado e debemos traballar durante toda a semana para devolver esa confianza con bos resultados. ¡¡¡vamos numan!!!"

Para a semana saída trampa a Cerdido, porque o Cebarca e último, pero os campos de herba natural non se lles da moi ben ós numantinos, haberá que saír moi centrados e esquecerse da clasificación

 

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.