AFECCIONADOS. NARAHIO, 0 - NUMANCIA, 0.

EMPATE QUE SABE A POUCO

Partido correspondiente a 13ª xornada da 2ª Autonómica de Ferrolterra, disputado na tarde do domingo no campo de A Veiga ante moitos espectadores de ambos equipos.

 

Narahío 22 de decembro do 2013.

FICHA TÉCNICA:

NARAHÍO: Javi, Raúl, Daniel, Noel, Julián, Ignacio (C), Sergio Busto (Sergio García 46´), Rubén Neira, David, Rubén Cabada (Dani 46´) e Borja. (Alberto 78´).

Adestrador: Germán Amil Silva.

Delegado: Manuel A. Novoa Tuimil.

NUMANCIA: Carlos, Álvaro, Antón, Costa (Amenedo 46´), Paulo (Xaime 83´), Teti (C), Jesús (Alex García 70´), Fernando, Manu, Chapu (Alberto 61´) e Javi Rubio.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

COLEXIADO: D. Diego Fernández González. Amoestou a Ignacio, Noel, Raúl e Dani no Narahío. Polo Numancia amonestou a Álvaro e Alex García. Foi expulsado por parte do Numancia Alberto por dobre cartón amarelo.Instante do partido Narahío-Numancia. A Veiga (22/12/2013)

Narahío e Numancia querían pechar o 2013 con vitoria. Os primeiros para escapar dos postos de perigo; os numantinos para non perder comba coas primeiras posicións da clasificación. Ambos equipos loitaron sobre o irregular e algo embarrado pequeno terreo de xogo de A Veiga, pero soamente poideron sumar un punto.

Na primeira metade houbo moita igualdade. O fútbol directo e as segundas xogadas monopolizaban o partido. No minuto 20 o porteiro do Numancia Carlos facía unha gran parada a un disparo dun atacante local dentro da área pequena. No minuto 23 era o Numancia o que perdonaba. ¡¡¡Pena máxima¡¡¡ Javi Rubio envíaba fora un penalti dubidoso sinalado polo colexiado. Con varias chegadas tímidas por parte dos dous equipos chegábase o tempo de descanso.

Na segunda metade saiu mellor o Numancia e nos primeiros minutos da mesma os atacantes numantinos erraban varias xogadas de finalización. Acusaron os numantinos a lesión de Chapu no minuto 60 xa que perderon moito poderío no balón aéreo. No último tramo de encontro Javi Rubio volveu a perdonar diante da portería local. Pero tamén o Narahío tivo unha clara ocasión nos últimos minutos que saíu por fora da portería de Carlos. Co mesmo resultado que ó inicio do partido se chegaba ó final do mesmo.

En resumo, partido de moita loita por partes dos numantinos, axudados polos xuvenís Alberto e Xaime. Unha mágoa fallar ese penalti (por segunda xornada consecutiva) e non estar acertados en ataque. Son dúas semanas sen marcar ningún gol; agardemos que os homes mais adiantados do Numancia; chamados a estar entre os mellores "killers" da categoría teñan mais sorte no 2014 e acompañen con goles o bo traballo e sacrifio deles mesmos e de todo o equipo en xeral.

Cómo xa acontecera a semana pasada, o adestrador do Numancia,Marcos Amor, deixounos as súas reflexións do encontro.

Para o adestrador dos aresans o partido resumen nun titular clarificador: "Cá pólvora mollada".

A xuizo de Marcos a clave do encontro foi sen lugar adubidas: "O penalti errado".

Sobre o encontro a análise do adestrador numantino foi a seguinte: "Partido complicado nun campo donde non e fácil afacerse tanto as dimensións, como o terreo de xogo, xa que estaba bastante esbaradizo e había que estar máis atentos en manterse de pe que en xogar o fútbol.  En canto o partido foi bastante igualado e pelexado polos dous equipos, onde o Numancia puido facerse cos tres ansiados puntos si Javi Rubio acertara a marcar o penalti.  Por parte do Numancia teríamos algunha que outra ocasión de marcar un gol pero parece que estamos cá pólvora mollada, a cal esperemos que se poña a punto para o ano 2014. Salientar unha ocasión clara para o equipo local a cal desbaratouna Carlos con unha moi boa parada."

Para rematar Marcos engadiu: " Dende o corpo técnico e xogadores da plantilla de modestos darlles as gracias a todos o xuvenís que sempre que se necesita que vaian votar unha man, sempre están a disposición do primeiro equipo. Ca axuda de todos eles e co esforzo da primeira plantilla esperamos que os resultados sexan mellores e podidamos loitar por algo bonito.  Darlles as gracias tamén a afección á cal non lles estamos dando os resultados que merecen, pero traballaremos para que eso cambie. Felices festas a todos e ¡¡¡AUPA NUMANCIA!!."

Remata o Numancia ó 2013 na 7ª posición da 2ª Autonómica. Na zona media, distanciándose 7 puntos dos posto deInstante do partido Narahío-Numancia. A Veiga (22/12/2013) perigo. Tendo a 7 puntos ó Cedeira (2º clasificado) e a 8 puntos ó Rápido de Neda (1ºclasificado). Deberán aproveitar ben as vacaccións os numantinos para volver a tope nas dúas primeiras xornadas de 2014 (Mandía e Cedeira). Duros rivais esperan; de seguro que este Numancia buscará a vitoria para comezar a mirar hacia arriba.

De momento, o que toca e agradecer os xogadores e corpo técnico o esforzo, sacrifico e compromiso neste ano 2013. Mención a especial para a Marea Vermella; que acude en masa a Prados Vellos cada 15 días e acompaña en bo número (40-50 espectadores) ó Numancia de modestos en todos os seus desprazamentos. Estamos no bo camiño; falta un pouco de..... ¿sorte?, ¿confianza? Andaremos e veremos.

De parte de toda a familia do equipo de modestos do Numancia de Ares:

BO NADAL E PRÓSPERO ANO 2014

O Numancia somos todos.

¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.