AFECCIONADOS. G. CARANZA, 2 - NUMANCIA, 3

SUFRINDO SABEN MELLOR

Partido correspondente a 9ª xornada da 2ª Autonómica disputado na tarde do domingo no Municipal de Caranza ante un bo número de aficcionados; a maior parte deles do Numancia.

 

 

 

Ferrol, 24 de novembro do 2013

FICHA TÉCNICA:

G. CARANZA: Víctor, Brais (Morito 46´), Fran, Pedro Garrote, Iván (Priegue 46´), Jesús Peña, Jomaka (Isma 46´), Yerai Daza (Juanillo 63´), Aitor, Jorge Cortizas (Santi 63´) e Chechu (C).

Adestrador: Ángel Tenreiro Sanjuán "Xelo".

Delegado: José Francisco Insua Beade.

NUMANCIA: Carlos (Cristian 72´), Álvaro, Dudi, Antón, Fernando (Alex Pita 46´), Teti (C), Julio, Jesús (Darío 76´), Manu, Javi Rubio (Paulo 65´) e Iván (Berto 25´).

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

COLEXIADO: D. Martín Zakaryan. Amoestou a Morito, Fran, Priegue e Víctor no G. Caranza. Por parte do Numancia foron amoestados Álvaro e Manu. Foi expulsado no Numancia, Alex Pita.

GOLES:

0 - 1 JAVI RUBIO) Boa internada de Julio por banda dereita que culmina cun centro que é rematado por Javi Rubio dentro da área, (minuto 2).

0 - 2 (IVÁN) Fermoso pase as costas da defensa local de Javi Rubio que aproveita Iván para batir ó porteiro Víctor na súa saída, (minuto 9).

0 - 3 (FERNANDO) Xogada de contraataque do Numancia culminada por Fernando, (minuto 28).

1 - 3 (AITOR) Disparo dende fora da área de Aitor axustado a base do pau que bate a Cristian, (minuto 81).

2 - 3 (JUANILLO) Xogada de ataque do Galicia de Caranza que finaliza cun bo remate de Juanillo, (minuto 83).

 

 

CRÓNICA:

Presentábase o Numancia con moitas baixas por sancións ou lesións e con 3 xogadores xuvenís na convocatoria no Municipal de Caranza arroupado pola gran Marea Vermella que hoxe non se amilanou pese a ter que pasar por caixa (3 euros á entrada); nun partido importante para dous equipos que non querían alonxarse dos postos mais altos da táboa.

Comenzaba o fútbol con gol do Numancia. Javi Rubio batía a Víctor establecendo o 0 - 1 cando aínda os dous equipos estaban a colocarse no campo. Sorprendeu o Numancia o Galicia de Caranza no primeiro tempo coa nova disposición táctica. Maniataron os numantinos os locais e no minuto 9 novamente aparecía Javi Rubio para asistir o xogador xuvenil Iván que establecía o 0 - 2. Controlaba o Numancia o tempo do partido, combinaba e tamén levaba perigo ó contraataque. Nunha desas xogadas rápidas era Fernando no minuto 28 quen facía o 0 - 3. De ahí ata o final da primeira metade poido o Numancia conseguir mais goles pero o marcador non se moveu e o partido chegou o tempo de descanso.

Na segunda metade cambiaron as cousas co paso do tempo. O partido equilibrouse. O Numancia xa non tiña o control do mesmo. O Galicia de Caranza pouco a pouco avanzaba metros e chegaba a portería defendída por Carlos. Non sentaban moi ben os cambios ó equipo numantino que perdía a concentración durante 15 minutos que a piques estiveron de ser fatídicos No minuto 81 recortaba distancias Aitor facendo o 1 - 3. Dous minutos despois conseguía Juanillo o 2 - 3. Para colmo de males no minuto 86 Alex Pita autoexpulsábase. Con 10 xogadores e moito sufrimento resistiu o Numancia a avalancha dos de Caranza que tiveron varias ocasións claras para empatar o partido nos últimos minutos do mesmo. Nestos minutos, a sorte que non acompañara o Numancia para pechar o encontro na primeira metade si que estivo de lado dos nosos xogadores nestos últimos instantes de partido. Respiraron os xogadores e corpo técnico e tamén a Marea Vermella que aparcou o sufrimento para celebrar unha importante vitoria tras o insistentemente reclamado pitido final do colexiado nun partido que se fixo moi longo.

En resumo, primeiros 45 minutos de partido extraordinarios do mellor do Numancia nesta temporada e tamén nos últimos tempos. Entrega , sacrificio, calidade e goles. Últimos 15 minutos bastante malos, cunha nova autoexpulsión incluida e que por sorte non costou dous puntos. Vimos duas caras; toca quedarse co positivo e intentar correxir o negativo.

En definitiva, vitoria moi importante dun Numancia que deixa tocado a un dos rivais directos, o Galicia de Caranza e que non perde comba (5 e 4 puntos por debaixo) do líder Cedeira e dos equipos que marcan os postos de ascenso, Capela e Rápido de Neda.

A próximo domingo, visita Prados Vellos un Ánimas que ven de empatar co Cedeira nesta xornada e que navega polo medio da clasificación. Un equipo que o Numancia intentará vencer nun partido no que esperamos se repita a boa imaxe da primeira metade en Caranza e que por fin o Numancia termine no campo con 11 xogadores. Nova cita co noso equipo o próximo domingo as 16:15 ante a SRD Ánimas de Ferrol. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

AUPA NUMANCIA

Para ler a crónica do partido publicada na web do Galicia de Caranza PICA AQUI

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.