Afeccionados: As Pontes "B", 3 - Numancia, 0

A.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2013-2014. As Pontes B - Numancia Chove sobre mollado

O equipo de afeccionados caeu derrotado por 3 a 0 fronte o equipo de As Pontes B, na súa visita ó campo de O Poboado na tarde do domingo. Ó descanso chegouse con vantaxe local por 1 a 0. Por desgraza o protagonista do encontro foi o colexiado.
 
As Pontes, 27 de octubre de 2013.
 
Aliñacións:
 
As Pontes: Iván (Ángel 88'), Nando, Rubén, Totti (Darío 80'), Carlos, Juan (Adri 66'), Javi (Marcos 82'), Borja, Vicente, Vila (C), Samuel (Segio 74').
 
Adestrador: Iván Rodríguez García.
2º Adestrador: Francisco López Rivera.
Delegado: Ángel Dobarro Porto.
 
Numancia: Carlos (Cristian 80'), Álvaro (Jesús 72'), Costa (Alex Pita 53'), Rubén, Dudi, Teti (C), Manu, Julio, Javi, Paulo (Jauma 65') e Fernando (Amenedo 69').
 
Adestrador: Marcos Amor Roel.
2º Adestrador :Manuel Antonio Cartelle Permuy.
Delegado: José Antonio Couce Iglesias.
  
Árbitro: Manuel Bejarano Estepa. Amosou cartóns amarelos a Vicente (21') e Nando (51') do As Pontes B; a Fernando (25'), Álvaro (61'), Julio (78') e Teti (82') e cartóns vermellos a Javi (59') e ó adestrador Marcos Amor (77') todos eles do Numancia de Ares.
 
Goles: Javi (2) e Vila.
 
 
A primeira metade foi entretida co Numancia chegando preto da meta local pero sen acabar de definir cara a porta. Os locais atacaban menos pero amosaban maior perigo. En dúas ocasións Carlos foi o protagonista ó deter dous balóns con moito perigo. Con todo o tanto chegou dende o punto de penalti. Á saída dun saque de esquina prodúcense rexeites e o balón acaba no brazo de Paulo. Foi a típica xogada onde queda todo á interpretación do colexiado e o árbitro interpretou voluntariedade pitando o penalti correspondente. Era o minuto 25 e Vila acadaba o 1 - 0 co que se chegaría ó descanso. Nesta primeira parte a ocasión máis clara para os visitantes foi grazas a un erro defensivo que a piques estivo de aproveitalo Javi, pero o balón foi ó lateral da rede. Os locais controlaban o encontro con faltas das chamadas tácticas en medio campo.
 
A segunda metade comezou como a primeira, moito xogo no medio campo con moitas faltas. Rubén tivo na saída dun "córner" o empate pero o meta local luciuse sacando o balón cando xa entraba preto da súa escadra esquerda. Parecía que o  Numancia tería opcións pero... No minuto 59 prodúcese a xogada clave no encontro. Unha falta sen maior importancia no medio campo contra o Numancia, e Javi levanta o brazo dando as costas ó colexiado nun xesto de protesta. Sen mediar maiores queixas o colexiado envía a Javi á caseta deixando o Numancia con 10 xogadores. Decisión moi rigurosa discutida e protestada polos visitantes a quen lles pareceu excesivo o castigo para unha xogada que normalmente finaliza cunha simple amoestación verbal.
A partir deste punto o partido xa non foi tal, os locais aproveitaron a inferioridade numérica e a permisividade do colexiado nas faltas e perdas de tempo que favorecian ós ponteses.
 
No minuto 71 Javi para os locais aproveita un balón centrado dende banda esquerda para controlalo dentro da área e envialo cruzado á meta de Carlos establecendo o 2 - 0.
 
No minuto 77 contra dos locais e envío a Javi en situación de fóra de xogo que o colexiado non aprecia quedando o dianteiro local só ante o porteiro e anotando o 3 a 0 definitivo. A xogada desatou as protestas no adestrador visitante que rematou sendo expulsado nese minuto.
 
Dende aí ata o final, algunha aproximación máis dos locais e defensa dos visitantes para non sufrir maiores perdas cara a próximos partidos.
Este foi para os numantinos un encontro que prometía moito pero que foi condicionado polas accións moi rigurosas e erróneas do colexiado. O plantel aresán amosou o seu enfado porque consideran que están sendo prexudicados polas últimos arbitraxes. Consideran pois que nas decisións arbitrais "Chove sobre mollado".
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.