AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - ORTIGUEIRA, 0.
UNHA VICTORIA MOI PELEXADA
Partido correspondente a 4ª xornada da 2ª Autonómica disputado na tarde do domingo en Prados Vellos ante 200 espectadores.
Ares, 20 de outubro do 2013
FICHA TÉCNICA:
NUMANCIA: Carlos, Bule (C), Álvaro, Rubén, Dudi, Teti, Manu (Chapu 49´), Julio (Paulo 63´), Brayan, Alex Pita (Amenedo 87´) e Fernando (Jesús 72´).
Adestrador: Marcos Amor Roel.
2º adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.
Delegado: José Antonio Couce Iglesias.
ORTIGUEIRA: Cuchi, Junior, Moreno, Armada, Pablo Breijo (C), Tara, Pita, Polo, Rodri, Josiño e Javi. Tamén xogaron: Aitor, Ares, Adro, Borjita e Cami.
Adestrador: Diego Breijo Caruncho.
Delegado: Víctor Blanco Aneiro.
COLEXIADO: Rodrigo Serrano Naveiras. Amosoulle cartolina amárela a Bule, Julio, Teti e Fernando do Numancia. Tamén a virón Cami, Ares e Borjita do Ortigueira. Resultaron expulsados Brayan e Chapu do Numancia.
GOLES:
1 – 0: min. 68, (ALEX PITA) Xogada individual de Brayan que regatea a varios rivais e da o pase da morte a Alex Pita para que éste anote a portería vacía.
CRÓNICA:
Bonito, disputado e tenso partido o xogado hoxe entre dous bos equipos da categoría no municipal de Prados Vellos. Ambos equipos comezaban o partido sen os seus "killers". Chapu comezaba o partido no banquillo por parte do Numancia e Diego Cañoles non viaxaba ata Ares para axudar o conxunto de Ortigueira. A cambio, ambos adestradores apostaban por xogadores rápidos nas posicións de ataque, caracterizándose a primeira metade pola forte presión de ambos equipos e por un ritmo moi alto de partido.
O primeiro en avisar sería o Numancia por medio de Manu cun disparo o longueiro. Posteriormente o xogador do Ortigueira Armada probaba a Carlos cun bo lanzamento dende media distancia. Respostaban os numantinos cun cabezado de Dudi de novo o travesaño; sendo superior o Numancia nos primeiros 20 minutos de partido en canto a intensidade e tamén en canto a posesión e ocasións.
No último treito da primeira metade foron os de Ortegal os que gozaron das mellores ocasións, Josiño, Pita e Polo atopáronse co gardameta numantino Carlos e co travesaño; polo que o resultado ó descanso foi de 0 - 0 pese a todas as ocasións das que gozaron ambos equipos na primeira metade.
No segundo tempo baixou o ritmo do partido, motivado en gran parte por as moitas interrupcións propiciadas polo xogo bronco. O Numancia buscou o gol por medio de Alex Pita que topouse co porteiro Cuchi en dous contraataques consecutivos. Contraatacaba o Numancia xa que o segundo tempo foi mais do Ortigueira que cun xogo mais directo poñía en apuros ó Numancia. Pero cando mais apretaban os de Ortegal aparacecían Brayan e Alex Pita para fabricar o 1 - 0 para o Numancia no minuto 68. Gran xogada de un Brayan que minutos mais tarde autoexpulsábase e deixaba o Numancia en inferioridade numérica no minuto 72. Quedaba moito tempo para sufrir e intentar conservar un resultado moi importante para o Numancia. Apareu a casta,o orgullo numantino e o gran esforzo colectivo na defensa para chegar ata o final co valioso resultado de 1 - 0 favorable os de Ares.
En resumo, excelente partido de fútbol rexional o vivido hoxe en Prados Vellos. Unha pena o intercambio final de impresións tras o pitido final do árbitro e de maneira non moi agarimosa entre os xogadores dos dous conxuntos; e na que o Sr. Colexiado soamente tivo ollos para ver o que facía o numantino Chapu; que tamén resultou expulsado. Unha pena, un mal exemplo que non se debería volver a repetir e moito menos habendo nenos nas instalacións.
En definitiva, importante vitoria do Numancia ante un gran rival que a bo seguro estará nos postos mais nobles da táboa. Nesos postos sitúase o Numancia, no 2º posto da clasificación empatado co Cedeira e A Capela e perseguindo o líder, o Galicia de Caranza de Xelo que comezou de maneira inmellorable a competición con pleno de vitorias.
A vindeira semana o Numancia de Ares visitará as instalacións de O Poboado en As Pontes para medirse o 5º clasificado; o CD As Pontes "B". Un novo partido esixente no que os xogadores numantinos agardan o apoio da fiel Marea Vermella.
¡¡¡Todos a vila mineira o próximo domingo¡¡¡
¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡