AFECCIONADOS. NUMANCIA, 5 - CEBARCA, 0.
GOLES COMO SOLES NA ESTREA EN PRADOS VELLOS
Partido correspondente a 2ª xornada de Liga da 2ª Autonómica disputado na tarde de domingo en Prados Vellos, que rexistrou unha gran entrada.
Ares 6 de outubro de 2013
ALIÑACIONS
NUMANCIA: Carlos (Cristian 46`), Álvaro, Dudi, Rubén (Paulo 12´), Costa (Martín 53´), Bule (C), Julio, Manu, Fernando (Javi Rubio 55´), Alex Pita e Chapu (Brayan 65´).
Adestrador: Marcos Amor Roel.
2º adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.
Delegado: José Antonio Couce Iglesias.
CEBARCA: Alberto (Martín 64´), Oliver (C), Jonathan, Carlos, Aitor, Miguel, Ángel, Dani (Jose 60´), Santi, Damián (Dani Yepes 60´) e Aitor (Alex 71´).
Adestrador: Víctor A. Villar Suárez.
Delegado: Luís Mourente Rodríguez.
ÁRBITRO: Miguel A. Piñón López. Amoestou a Fernando e Manu no Numancia. No Cebarca foi expulsado por dobre amoestación Dani Yepes.
GOLES:
1 - 0 (ALEX PITA) Julio abre o balón hacia banda esquerda, Manu recibe e pon un centro dende a banda que remata Pita cun forte disparo dende o punto de penalti (minuto 19).
2 - 0 (CHAPU) Triangulación entre Álvaro, Julio e Fernando; éste último envía un magnífico centro dende banda dereita que remata Chapu cun fantástico cabezazo dende o punto de penalti (minuto 24).
3 - 0 (CHAPU) Gran centro de Álvaro dende a banda dereita que novamente remata Chapu de semi - volea dentro da área visitante (minuto 44).
4 - 0 (BRAYAN) Contraataque do Numancia conducido por Javi Rubio que asiste a Brayan para que fusile ó porteiro visitante (minuto 67).
5 - 0 (JULIO) Julio de penalti (minuto 87).
Tarde magnífica de fútbol e familia no remozado Prados Vellos. Con sol e boa temperatura recibía o Coliseum aresán a esta 2ª autonómica de Ferrolterra co traxe de gala. Moita afición e moitos xogadores dos equipos de base acompañados dos seus familiares acudían a este primeiro partido do primeiro equipo en Prados Vellos. Tarde plácida de fútbol, bo tempo e convicencia numantina en Prados Vellos.
No referente o partido, vivimos uns primeiros 15 minutos de tanteo, onde ningún dos dous equipos conseguía controlar o partido. Por sorte, no minuto 19 Alex Pita establecía o 1 - 0 e rompía a lata. A partir de ahí todo foi mais fácil e o goleador Chapu conseguía dous novos goles antes do descanso para retirarse ambos equipos ós vestuarios co resultado de 3 - 0.
Na segunda metade non se rendía o Cebarca, e conseguiu aproximarse a portería defendida por Cristian, aínda que sin demasiado perigo. O Numancia aproveitou a situación e coa velocidade de Brayan matou definitivamente o partido conseguindo o 4 - 0. O último tramo de partido sobrou, dominio claro do Numancia mais aínda cando os de A Barqueira quedaban con 9 xogadores por expulsión e lesión de dous dos seus xogadores. Nos últimos minutos Julio convertía un penalti para establecer o definitivo 5 - 0 no marcador de Prados Vellos.
En resumo, bo partido do Numancia, sobretodo no último tramo da primeira metade. Partidos coma os de hoxe haberá moitos o longo da temporada, ante rivais defensivos e aguerridos que venderán cara a súa pel en Prados Vellos. Por iso é importante solventar este primeiro encontro na casa con claridade, confianza e autoridade. Boa imaxe en xeral de todo equipo; sendo importante tamén que os homes - gol do equipo como Chapu, Alex Pita, Brayan... consigan ver porta con facilidade.
Tras este resultado, o Numancia sitúase na 4ª posición a 2 puntos dos líderes, Cedeira, Galicia de Caranza e Ortigueira. A vindeira fin de semana os numantinos viaxarán ata o campo de herba artificial de A Gándara en Ferrol para visitar a outro recién ascendido, o histórico SD Bertón que a bo seguro intentará compricarlle moito as cousas na súa casa ao noso Numancia.
¡¡¡O vindeiro domingo tod@s a animar ó Numancia na Gándara. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡