XXVI TROFEO CONCELLO DE ARES. 3º - 4º POSTO. NUMANCIA, 3 - EUME, 0.

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2013-2014. XXVI Trofeo Concello de Ares. 3º - 4º posto. Numancia, 3 - Eume, 0. Prados Vellos 01/19/13.HOMENAXE NUMANTINO ANTE Ó EUME

Partido correspondente o terceiro e cuarto posto do Torneo Concello de Ares de modestos disputado na tarde do domingo en Prados Vellos ante un bo número de espectadores.


Ares, 1 de setembro de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Puchi (Xaime 46´), Álvaro,  Jesús, Dudi, Antón (Marcelo 46´), Teti, Martín (Paulo 56´), Manu (Chapu 61´), Fernando, Julio e Rubén (Brayan 46´)

Adestrador: Marcos Amor.

2º Adestrador: Manuel Cartelle.

Delegado: José Antonio Couce.

EUME DEPORTIVO: Jaime, Carlos, Samu, Manu, Joaquín, Emilio, Marcos, Alex Pita,  Alejo, Javo e Fonso. Tamén xogaron: Antón, Joshua, David Ares, Alberto e Airton.

Adestrador: Fran Rodríguez

COLEXIADO: Cristian Santos. Amonestou a Samu e David Ares por parte do Eume.

GOLES:

1-0 Rubén rouba un balón preto do banderín de esquina, avanza e da o pase da morte para que Fernando mande o balón o fondo da portería de Jaime, (minuto 21).

2-0 Dudi sorprende a Jaime cun lanzamento de falta dende mais atras do medio do campo, (minuto 30).

3-0 Xaime envía un balón longo que supera por alto a defensa eumesa. Brayan moi atento e rápido recolle o esférico e anota o terceiro superando por alto a saida do porteiro, (minuto 52).

Maravilloso e formidable. Esos son os adxecitvos acertados para definir o partido realizado nunha calurosa tarde de domingo por 12 xogadores seniors e 4 xogadores xuvenís ante o Eume Deportivo.  Dende os primeiros minutos notouse no campo que os numantinos estaban motivados e querían agradar os afeccionados que preferiron o fútbol de Prados Vellos pola praia aresana. Moi boa primeira metade do Numancia con múltiples ocasións, dominio total e dous goles que daban fe desta superioridade numantina.

Na segunda metade, o Eume quería lavar a sua mala imaxe dada na primeira metade. Conseguiron ter o dominio do balón nos primeiros instantes e levar algo de perigo a portería de Xaime. Pero nada mais lonxe da realidade. O Numancia seguía moi vivo no campo e Brayan conseguía o 3-0. Dende ese momento e ata o final o Eume quería inquietar pero o Numancia estaba ben situado no campo e levaba perigo nas contras. Resultado coñecido de 3-0 e fin do partido en Prados Vellos.

Finalizado o encontro os directivos do Numancia, Xoan Vázquez e José Ramón Hermida entregaban os respectivos trofeos os capitáns de ambos equipos.

En resumo, mal partido do Eume Deportivo, os da vila eumesa non responderon as expectativas creadas neste Torneo Concello de Ares. Dende o Numancia de Ares desexámoslle toda a sorte do mundo para a competición da 1ª Autonómica que comezan xa o vindeiro fin de semana.

En canto ó Numancia, parece que o equipo de Marcos Amor e de todos os numantinos vai carburando. Pese as baixas (sempre ben suplidas polos comprometidos xuvenís) este Numancia ten boa pinta e xa e quen de plantar cara a rivais mais rodados de superior categoría; como fixo este fin de semana empatando ante o Orillamar e vencendo o Eume Deportivo. Isto é pretemporada e queda un mes para que a 2ª Autonómica dea o pistoletazo de saída. Toca seguir traballando para manter cando menos este nivel de xogo e de compromiso. Noraboa a todo o plantel e o corpo técnico por este mes de agosto de bo traballo.

A próxima ocasións que teremos os numantinos de ver o noso Numancia será o próximo sábado no campo de A Piscina ante o equipo anfitrión, o CD San Sadurniño recién descendido a 3ª Autonómica. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.