XXVI TROFEO CONCELLO DE ARES. FASE PREVIA. MUGARDOS “B”, 2 – EUME, 1.

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2013-2014. Trofeo Concello de Ares (fase previa) G. Mugardos, B, 2 - Eume, 1. Prados Vellos 31/08/13.MUGARDOS B, PRIMEIRO FINALISTA

O resultado puido ser outro pero tampouco é inxusto. Os mugardeses tiveron máis fe e acerto alcanzando un triunfo ante un Eume menos intenso.


Ares, 31 de agosto de 2013

A primeira semifinal do Torneo “Concello de Ares”  disputouse na tarde do sábado no campo de Prados Vellos, entre o Eume e o Mugardos B. A seguir ofrecemos a ficha técnica.

ALINACIÓNS:

G. MUGARDOS B: Óscar, Puchi, Cuco, Priegue, Mani, José Ángel, Joaquín, Nacho, Esteban, Choche e Romero. Na segunda parte tamén xogaron: Xabi, Marcos, Dieguito, Oli, Da Silva, Lestón e Nico.

EUME: Jaime, Alejo, Samuel, Manu, Óscar, Emilio, Marcos, Javo, Rojis, Josua e Álex Pita. Entraron na segunda parte: Alberto, Xosé, Aiston e Javi.

ÁRBITRO: Manuel Bejarano. Expulsou ao xogador eumés Javi no m. 70.

GOLES:

1 – 0 (m. 57): Oli
1 – 1 (m.61): Javo.
2 – 1 (m. 86): Dieguito, de penalti.

COMENTARIO: Comezou o Eume dominando e entrando con moito perigo polas dúas bandas e creando ocasións de gol, pero despois dos primeiros 15 minutos, o Mugardos B foi quen de plantarlle cara ao eumeses, correndo máis e pondo máis gañas e ímpeto na disputa dos balóns. Aínda así, foi o Eume quen dispuxo dun excelente oportunidade para irse ao descanso co marcador favorable, pois no último minuto desta primeira parte o colexiado sinalou un penalti contra o Mugardos B que Josua lanzou fóra.

Na segunda parte o Mugardos B realizou de saída uns cinco cambios que lle deron máis frescura e velocidade en ataque. E, ao pouco de fallar un man a man Marcos con Óscar, chegou o gol de Oli despois dunha boa combinación que o deixou só diante do meta Jaime. Tan só cinco minutos lle levou ao Eume igualar un partido que ía quedar condicionado pola expulsión de Javi a falta de 20 m. para o final. A entrada de Xosé deulle máis forza ao Eume que tivo as súas oportunidades para adiantarse no marcador, perdoando varias ocasións e dándolle vida ao equipo rival, quen no desaproveitou o penalti a falta de catro minutos para o final.

Por tanto, o Mugardos B clasifícase para a final do torneo, superando a un Eume máis escaso de efectivos.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.